Cervo, 9 de outubro de 2020. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosa unha vez máis o seu apoio, aos traballadores de Alcoa, das empresas auxiliares e das súas familias “ante o novo e angustiosos escenario que se abre no día de hoxe”; pero coa esperanza de que os compromisos políticos adquiridos, se se chegaba a esta situación, se materialicen canto antes; “teñen que utilizar todas as ferramentas que teñen ao seu alcance, como prometeron, para que as cubas sigan funcionando e para que a Mariña non deixe de producir aluminio primario”.
O rexedor precisa que “non podemos tirar a toalla” e debemos seguir unidos pelexando polo noso presente e futuro; e o Estado, co apoio da Xunta de Galicia, ten que mover ficha para reverter como sexa a situación e intervir para salvar a Comarca, tal e como lle escoitamos en reiteradas ocasións, tendo en conta ademais que as instalacións inclúen un porto e unha estrada estatais.
Villares apunta que debemos manter a fe e a confianza de que se tomarán as decisións políticas adecuadas para evitar que as cubas, o pulmón, da fábrica, deixen de traballar; “porque o escenario contrario é inimaxinable; un auténtico pesadelo para a bisbarra, que se vería golpeada de morte no económico e no social”.
























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



