Burela, 17 de outubro, 2020. As campioas deron esta tarde o primeiro paso firme nun novo camiño cara á gloria, apropiándose dos tres puntos da xornada inaugural de Primeira na pista do AD Alcorcón FSF (2-3), revivindo o resultado que xa lles deu o galardón ligueiro ás galegas hai tres meses en Málaga fronte ás alfareiras. Despois do empate da primeira parte e fronte a un rival moi rápido nas transicións, o Pescados Rubén Burela reaccionou á vantaxe local dando a volta ao marcador en tan só un minuto, no 24, con dobre diana. Non puideron pechar o partido as laranxas a pesar das ocasións, pero souberon como aferrarse ao resultado cunha gran solvencia defensiva fronte á porteira xogadora.
Cristina, que recibía o bonito xesto de homenaxe por parte das alfareiras na cartelería do partido polo seu labor como enfermeira durante a pandemia, non quixo deixar nin tempo para coller sensacións sobre a pista. Antes de cumprirse o primeiro minuto a murciana adiantou ás galegas. Nere Moldes e Vane Sotelo aliáronse con 6 minutos para o descanso; conseguiron a igualada ante a porteira burelista adiantada. Discorría o minuto 15, cos dous equipos cargados de faltas e ocasións en ambas as filas. Tras a boa resposta de Cristina, que evitou o segundo das madrileñas ante Pepa, Peque dispuxo de ata tres oportunidades con moito perigo sobre a rede alfareira. Sandra, no 18, mantivo o empate, con dobre penalti de Vane Sotelo, e volveu aparecer pouco despois para frear a recuperación en pista laranxa. Dany foi a máis incisiva na recta final do primeiro acto, aínda que sen éxito.
O Alcorcón foi máis áxil neste inicio, con Vane Sotelo á contra. Responderon as de Burela con garra. Estela sacou o pé cun pase de Peque ao que esperaba M. Cortés. Con todo, si aproveitou pouco despois a 7 burelista, cazando o rexeite sobre tentativa de Ale de Paz (minuto 24) e non se fixo case esperar a escuadra mariñá para tomar por fin a iniciativa, en estratexia, coa sempre máxica Cilene (minuto 25).
Mantivo entón Estela ás locais no partido ante un Pescados Rubén que gañou en comodidade e fixo tremer a rede alfareira con Dany como unha dá as máis perigosas de novo. Irene Samper evitou o cuarto nas zapatillas de Cilene sobre o ecuador do segundo tempo. As Guerreiras ofreceron un recital de perigo e estiveron moi atentas en repregamento ás contras das madrileñas. Jozi evitou a ocasión máis clara para o empate no 35, impoñéndose ante Clau. Tras outra chegada de Jenny envelenadísima, Alcorcón apostou por xogo de cinco de Aída con tres minutos por diante fronte á gran solidez mariñá.
Ficha técnica
AD Alcorcón FSF: Estela, Vane Sotelo, Irene Samper, Aída, Estela Cantero, cinco inicial; tamén xogaron Clau, Nere Moldes, Laura Oliva, Paula, Pepa, Ballesteros
Pescados Rubén Burela FS: Sandra Buzón, Cristina, Peque, Cami, M. Cortés, cinco inicial; tamén xogaron Cilene, Jenny, Bea Mateos, Dany, Ale de Paz, Cilene, Lara Balseiro, Elena Aragón, Jozi
Goles: 0-1, minuto 1, Cristina; 1-1, minuto 14, Nere Moldes; 2-1, minuto 21, Vane Sotelo; 2-2, minuto 24, Peque; 2-3, minuto 25, Cilene
Árbitros: Cabezas Casquero // Sánchez Martín. Por Alcorcón amarela a Piru (minuto 29) Por Burela amarela a Jenny (minuto 33).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 1 de Primeira División disputado en Los Cantos. As Guerreiras quixeron estrear a liga de rosa, coa súa terceira indumentaria, no Mes da Sensibilización sobre o Cancro de Mama






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
