Foz, 21 de outubro de 2020. A compañía Señora Supina representará a obra 5 mulleres que comen tortilla na Sala Bahía, de Foz, este venres, día 23, ás 21:00 horas dentro da programación do Ciclo de Teatro de Outono que organiza o Departamento de Cultura do Concello focense.
Esta obra de teatro comedia, cunha duración de 80 minutos, será representada polo seguinte elenco artístico: Nola Drake, Raquel Ferraz, Alba Outeda, Raquel Crespo e Gabi Modesto.
5 mulleres que comen tortilla é “unha comedia delirante e enxeñosa que transporta ao espectador á América dos anos 50, grazas ao humor e a unha coidada posta en escena totalmente inmersiva. Un búnker esmeradamente decorado no que se integra ao público desde que entran pola porta asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B. Anthony. A liberdade, a relixión, o feminismo, as moralidades e o medo ao descoñecido son os motores desta exitosa comedia internacional que foi estreada en Chicago antes de formar parte do New York Fringe, converténdose nun éxito absoluto do Off-Broadway e atrapando a milleiros de espectadores de Estados Unidos dende entón. Son moitos os países que acolleron a esta irmandade, acadando enorme éxito en Reino Unido, Australia e, en España, coa versión en castelán”.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, lembra que se “respectarán todas as medidas de seguridade e hixiene esixidas, como ata o de agora se está facendo en todas as actividades organizadas polo Concello de Foz, cunha programación segura”
O prezo da entrada é de 5 euros.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



