Lugo, 22 de outubro de 2020. A área de Artesanía e Deseño ven de aprobar unha liña de axudas directas para obradoiros de artesanía, cun importe total de 79.500 euros. Concederanse achegas de 1.500 euros aos titulares de obradoiros ubicados na provincia de Lugo, que conten con Carta de Artesán e teñan o seu obradoiro incluído no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia alo menos desde o pasado 1 de xaneiro. As bases da convocatoria aprobáronse este venres na Xunta de Goberno e publicaranse a vindeira semana no Boletín Oficial da Provincia.
O deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro explicou que “se trata dunha liña de axudas extraordinaria, coa que se pretende contribuír a amortiguar o impacto da crise sanitaria sobre o sector da artesanía, moi prexudicado pola suspensión de feiras, mercados e outros eventos culturais nos que habitualmente comercializan os seus produtos” “Esta situación está a deixar a moitos obradoiros nunha situación moi complicada economicamente, que compromete a súa continuidade e con ela a de moitos oficios e técnicas artesás”, valorou.
As axudas canalizan parte dos fondos orzamentados polo Centro de Artesanía e Deseño para actividades formativas e proxectos expositivos que non se puideron realizar durante a paralización da actividade polo decreto de alarma. A tramitación da convocatoria foi un proceso longo porque “son as primeiras axudas directas á actividade económica que se outorgan desde a Deputación de Lugo”.
Apoio ao sector artesán
Tras a crise sanitaria, a área de Artesanía e Deseño centrou os seus esforzos en apoiar a actividade e a viabilidade dos talleres de artesáns da provincia, atendendo as demandas formuladas polo sector. A comezos de outubro, o Centrad organizou o Artesanfroilán, unha cita consolidada que este ano tivo que adaptarse á situación sanitaria e na que algúns artesáns da provincia tiveron a súa primeira oportunidade para volver vender os seus produtos trala paralización da actividade o pasado mes de marzo.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



