Lugo, a 23 de outubro de 2020. A CIG insta os Gobernos español e galego a dar xa pasos concretos para efectivizar a intervención pública da fábrica de San Cibrao e obrar de xeito paralelo ás accións xudiciais iniciadas polo comité e as centrais sindicais. “Estase traballando en todos os ámbitos para evitar que Alcoa poida executar os despedimentos e parar as cubas, pero falta a actuación decidida do Goberno para a intervención da planta”, aseverou esta mañá o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, ao inicio da manifestación que os traballadores e as traballadoras realizaron polas rúas de Lugo.
Precisamente, Carril lembrou que o percorrido da marcha (do edificio multiusos da Xunta até a Subdelegación do Goberno) elixiuse co obxectivo de presionar e sinalar as dúas administracións públicas que teñen na súa man salvar o futuro industrial da Mariña. “Que a produción do aluminio primario continúe é unha decisión política para a que até agora, malia os pronunciamentos a favor aprobados no Congreso español e no Parlamento galego, non se puxeron en marcha aínda os mecanismos xurídicos oportunos”, denunciou.
Ás portas da vista no TSXG, aínda non hai data de reunión da Mesa Multilateral
O secretario xeral da CIG subliñou que a día de hoxe, e cando a vista para substanciar a petición das medidas cautelares xa está fixada para o 28 de outubro, o Goberno español aínda non confirmou a data de reunión da Mesa Multilateral solicitada o pasado luns polas tres centrais sindicais. Unha xuntanza, apuntou, necesaria para pór en común coas administracións as accións a seguir, coñecer que traballos concretos fixeron o Ministerio de Industria e a Xunta de Galiza para facer efectiva a intervención e declarar o carácter estratéxico da produción de aluminio primario, como teñen previsto afrontar esta intervención se o TSXG asume as medidas cautelares e que alternativa barallan en caso contrario.
“Só faltaría que as cautelares foran admitidas polo tribunal e que o Goberno español seguira pasivo e sen adoptar as medidas necesarias para afrontar esa intervención e facerse cargo da planta a través da SEPI, tal e como se demanda no escrito ao TSXG”, alertou Carril. A este respecto, advertiu que permitir que Alcoa comece co apagado das cubas suporía un dano irreversíbel nas capacidades produtivas de San Cibrao e lastraría calquera posíbel saída para garantir a continuidade dos empregos e da produción.
Por iso, preguntouse “que máis ten que pasar” e “a que espera o Goberno para actuar no sentido que lle está reclamando o conxunto da comarca da Mariña dende que no mes de maio Alcoa anunciou que ía presentar un ERE extintivo”.
Este conflito evidencia a necesidade de mudar as políticas públicas
Para Carril, a situación que se vive no complexo de San Cibrao evidencia a necesidade urxente de mudar as políticas públicas, a comezar pola derrogación da reforma laboral “para que as empresas non teñan en exclusiva a decisión sobre os despedimentos e para recuperar a autorización administrativa previa dos ERE”.
Mais tamén deixa ás claras que se deben adoptar políticas para que sectores industriais estratéxicos sexan xestionados dende o público e deste xeito “non estean sometidos á extorsión de empresas multinacionais como Alcoa que, ante unha decisión unilateral de peche, provoca a destrución de miles de empregos e a desaparición dun sector estratéxico como a produción de aluminio”.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



