Santiago, 28 de outubro de 2020. O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta mañá na presentación en liña da ferramenta Web Trabe deseñada para o cálculo estrutural de produtos en madeira, que se desenvolve no marco do convenio de colaboración da Xunta coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través de Pemade.
Na súa intervención, Lema incidiu na importancia desta nova ferramenta -que aínda está en desenvolvemento- á hora de facilitar a toma de decisións para optar por unha instalación en condicións de calidade e seguridade xa que nesta primeira versión ofrece xa cálculo de forxados e proximamente incorporará o cálculo de cubertas.
O director valorou o convenio con Pemade para a promoción da madeira na construción e a valorización de especies locais e que se está materializando en iniciativas como esta ferramenta ou a Guía de marcado CE, proxectos que facilitan o día a día dos profesionais do sector.
Neste sentido, destacou o esforzo que a Xunta está realizando no eido da industria forestal a través do traballo de Xera e da Axenda de impulso a este sector, como por exemplo a través de axudas para fomentar o uso da madeira na construción ou promovendo proxectos en madeira nos edificios públicos.
Tamén explicou que a madeira será unha das claves nos proxectos cos que Galicia optará aos fondos europeos de reconstrucción, xa que o uso deste material reciclabe e reutilizable permite a redución de emisións de CO2, así como crear espazos saudables e apostar pola bioeconomía, ademais de explorar novos usos que permiten diversificar esta industria e facela máis competitiva.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



