Burela, 31 de outubro, 2020. O Orgullo Laranxa brillou na xornada 3 por profesionalidade, seguridade e responsabilidade social na pista do FSF Móstoles, nunha cita que finalizou en táboas 3-3, aínda que o resultado foi o de menos. As xogadoras do Pescados Rubén Burela, que non puxeron o balón a rodar no primeiro minuto en protesta pola decisión do equipo local de non realizar os test Covid-19 previos á cita, xogaron todo o encontro con máscaras.
A escuadra de Julio Delgado saltou a Villafontana para vivir un enfrontamento brusco e igualado, con continuas rotacións nas filas mariñás, e un Móstoles certamente agresivo. Cilene, de penalti, deu a vantaxe á escuadra visitante no minuto 7, con táboas de Andreza para as madrileñas na medianía do primeiro acto e iniacitiva de Inma para recibir o descanso.
Tiveron que armarse de paciencia as Guerreiras para recuperar o empate, con Ale de Paz no minuto 30. Na recta final, Móstoles tomou de novo vantaxe nunha situación dun contra un de Benete. Con menos de dous minutos por diante, Burela apostou con xogo de cinco para sentenciar o definitivo 3-3 nas zapatillas de Bea Mateos.
Ficha técnica
FSF Móstoles: Miri, Inma, Patri Chamorro, Celia, Sara Santos, cinco inicial; tamén xogaron Andreza, Shiori, Desi Godoy, Benete
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Peque, Cami, M. Cortés, Elena Aragón, cinco incial; tamén xogaron Cilene, Ale de Paz, Dany, Bea Mateos, Lara Balseiro
Goles: 0-1, minuto 7, Cilene (penalti); 1-1, minuto 9, Andreza; 2-1, minuto 19, Inma; 2-2, minuto 30, Ale de Paz; 3-2, minuto 38, Benete; 3-3, minuto 38, Bea Mateos
Árbitros: Jarque Ruiz // Manso Martín. Por Móstoles vermella a Desi Godoy (minuto 7) e amarela a Andreza (minuto 10). Por Burela amarela a Jozi (minuto 5), Ale de Paz (minuto 28), Peque (minuto 35), Bea Mateos (minuto 39), Julio Delgado (minuto 39)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 3 de Primeira División disputado en Villafontana.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
