A Mariña , 2 de novembro de 2020. A Plataforma Sanitaria da Mariña ven de coñecer que, pese a que as autoridades sanitarias e o Sergas chamaron a unha vacinación antigripal masiva da poboación, moitos centros de saúde non dispoñen das doses suficientes para vacinar a todas as persoas que teñen citadas, e mesmo teñen que voltar á casa sen poñer a vacina.Este feito está a producir malestar e incluso indignación n@s usuari@s , pois atópanse con que non hai vacinas suficientes a pesar de que estamos no inicio da campaña de vacinación.
Ao parecer, e segundo información achegada a este colectivo sanitario, o problema radica nas vacinas para menores de 65 anos, e casualmente neste rango de idade está a aumentar moito a demanda de vacinación, en resposta á campaña mediática feita polo goberno da Xunta para evitar solapamentos entre os picos de gripe e os brotes de covid 19 e desconxestionar así os hospitais e centros de saúde.
Desde a Plataforma Sanitaria esiximos aos responsables sanitarios que se deixen de culpabilizar e criminalizar unha vez máis ao persoal sanitario e doten de todas as doses de vacinas que se precisen nos centros, para asegurar que toda a poboación que o desexe ou precise , sexa vacinada . O persoal , tanto sanitario como administrativo, está a facer un inmenso traballo de asistencia , rastrexo e seguimento de casos sumado a toda actividade que xa teñen que realizar habitualmente.
Neste sentido a coordinadora do colectivo , Montse Porteiro manifestou que “ as declaracións feitas desde a Consellería de Sanidade culpabilizando e acusando ao persoal de mala xestión son inadmisibles e compre que o Goberno da Xunta asuma as súas responsabilidades e deixe de culpabilizar ao persoal da súa propia incompetencia.”





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



