Lugo, 3 de novembro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto co Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, asinou este martes un convenio de colaboración por importe de 80.000€ co presidente da Asociación de Criadores de Raza Porco Celta (ASOPORCEL), José Barreira Alonso, que acudiu acompañado polo director técnico do colectivo, Iván Rodríguez. O acordo ten como obxectivo impulsar un plan de fomento da produtividade, competitividade e rendibilidade das granxas de porco celta.
Tomé Roca explica que este proxecto de ASOPORCEL impulsado pola Deputación contempla partidas para o 2020 e 2021 e ten como obxectivo facilitar aos gandeiros e gandeiras as ferramentas necesarias para que as súas granxas acaden a máxima rendibilidade e que a produción teña a mellor saída comercial.
“Estamos a falar dun conxunto de ferramentas, como o asesoramento e formación dos gandeiros e gandeiras, o control da xestión dos aspectos sanitarios de produción, o control das medidas de bioseguridade, o mantemento das instalación, o control da trazabilidade da produción e tamén aspectos comerciais e publicitarios”, subliña o Presidente.
A finalidade do convenio é profesionalizar o sector, asentar as ganderías existentes e atraer á xente nova para iniciar unha actividade gandeira que resulte atractiva como xeito de vida. Tomé Roca engade que “con este convenio tamén se contribúe a incrementar os servizos de ASOPORCEL na súa función de dinamizador da raza porcina galega, conservando moitos postos de traballo existentes na actualidade relacionados directa e indirectamente co porco celta”.
O Presidente recalcou que esta “importante colaboración responde ao noso apoio ao sector primario como base e motor da economía da provincia, traballando da man do propio sector produtivo e tamén da Universidade. Un sector primario forte, diversificado, innovador e con valor engadido crea emprego sostible e contribúe a fixar poboación no rural da nosa provincia”.
ASOPORCEL
ASOPORCEL é a primeira e única asociación que agrupa aos produtores de raza porco celta en Galicia. É unha figura clave no sector, dedicando todo o seu esforzo á realización de actividades de promoción, formación, profesionalización e especialización do sector gandeiro galego, co obxectivo de lograr un sector competitivo e sostible, contribuíndo así á mellora do nivel e da calidade de vida dos gandeiros e das súas producións.
Na actualidade, a asociación conta con 136 granxas colaboradoras, distribuídas por toda a xeografía galega, pero con case o 50% asentadas na provincia de Lugo.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



