Foz, a 10 de novembro de 2020. A ampliación das terrazas foi un recurso absolutamente necesario para a hostalería para facer fronte ás limitacións de aforo necesarias para frear os contaxios da covid-19. Tamén en Foz, pero os hostaleiros comproban que o Concello lles pasa agora a taxa por ocupación de vía pública en función do espazo realmente ocupado, cando estaban convencidos de que o Concello non a aplicaría á parte ampliada. O portavoz do PP en Foz, Javier Castiñeira, sinala: “Queremos dar voz as queixas que moitos hostaleiros nos trasladan estes días porque están chegando os recibos de ocupación de vía pública do mes de xuño, un mes no que, recordamos, o alcalde, despois do confinamento, dixo que ía tratar de eliminar os pagos de varios servizos e facilitar a ocupación de vía pública con terrazas, para facilitar o traballo aos hostaleiros”. Os populares fan unha petición clara: “Pedimos ao alcalde de Foz que reconsidere esa decisión e que trate de que neste ano aos hostaleiros se lles condone esa parte de ocupación da vía pública, porque para nada lles compensou un ano tan complexo e difícil, e que, lamentablemente, vai seguir así”.
Castiñeira sinala: “Polo que parece e nos informan e puidemos comprobar, os recibos non é que veñan exactamente igual que os doutros meses, senón polo dobre. Cremos que é absolutamente inxusto. Parece como se o alcalde incitase a que os hostaleiros ocuparan máis vía pública e estes, confiados, pensaron que sería polo mesmo custo” . Os populares din que o correcto sería non cobrar a taxa por ocupación de vía pública; sería, di Castiñeira, “o correcto nun ano aciago para a o sector como é este”.
O portavoz dos populares en Foz di que “está moi ben ir ás manifestacións, pero hai que poñer solucións enriba da mesa e neste caso nin o alcalde de Foz nin o bipartito o están a facer”. Engade: “Nin presta axudas a pemes e autónomos, como pediu o PP e como se está a facer en moitos dos concellos da Mariña, nin rebaixa o importe das ocupacións de vías públicas que os hostaleiros efectuaron neste ano triste, malísimo para este sector”.
Castiñeira sinala: “Quero dicirlle ao señor Cajoto que pense máis nos empresarios, nos hostaleiros e nos comerciantes; necesitan a axuda dunha administración local que a día de hoxe non os está axudando”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



