BURELA .- O Concello de Burela estará presente na undécima edición de Expogalaecia 2008 que se celebrara dende o 31 de outubro ata o 2 de novembro en Vigo, indicou o concelleiro de Turismo, José González Legazpi quen asegura que “Expogalaecia con máis de douscentos expositores nacionais e internacionais nesta undécima edición representa o Salón de Turismo, Gastronomía e de Artesanía máis importante de Galiza, e un dos máis destacados de todo o Noroeste Peninsular, en canto á súa situación no eixe da Eurorexión Galicia- Norte de Portugal, que aglutina a un número de habitantes superior aos seis millons. Todo isto contribúe ao éxito e importancia deste certame coñecido como punto de encontro atlántico”.
Legazpi engade que “estas consideracións que determinan a capacidade para tratar de captar a atención non so do público xeral, se non tamén a dos profesionais dos sectores alí representados son as que motivan que Burela estea un ano máis presente no Instituto Feiral de Vigo IFEVI. Penso que é primordial a acción promocional para o avance turístico e gastronómico e por tanto para o desenvolvemento socioeconómico local, por iso, independentemente de estar representados a través da Asociación para o Desenvolvemento Turístico da Mariña, queremos estar presentes con Stand propio e persoal técnico do Concello, porque consideramos que Burela debe avanzar de modo determinante neste ámbito”.
Turicom 2008
O edil nacionalista lembra que “veño de estar presente o pasado sábado en Xixón con motivo da celebración da Feira de Turismo e Comercio: Turicom 2008 e na que se atopaba presente por primeira vez unha representación da comarca a través do stand da Asociación para o Desenvolvemento Turístico da Mariña; trátase dun certame interesante en canto a unha alta partición de carácter nacional e internacional que pode reflectir potenciales visitantes, sendo en todo caso no seu criterio, moi interesante que se desenvolvan condicions que a fagan máis ampla e diversa, e en canto a representación da nosa comarca seria bó, recoñecer o traballo feito, pero tamén seguir a instrumentar medios polos que a presenza neste e outros certames sexa máis ambiciosa. Burela darase a coñecer por tanto un ano máis no Salón Vigués “ Expogalaecia “ este fin de semana para atraer visitantes á nosa vila”.






















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



