Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investirá en 2021 case 75 millóns de euros na provincia de Lugo, o maior investimento per cápita da comunidade ao preverse un gasto de case 227 euros por habitante, segundo recolle o proxecto de Lei de Orzamentos remitido ao Parlamento. O investimento da Consellería nesta provincia medra en máis dun 57% con respecto ao actual exercicio.
As actuacións en materia de infraestruturas viarias reciben a partida orzamentaria máis elevada, cun investimento de 34,33 millóns de euros.
Estas cifras permitirán avanzar para dotar á provincia da primeira autovía autonómica da provincia, libre de peaxe, ao iniciarse a conversión en autovía da Vía de Altas Prestacións Nadela-Sarria. Así, resérvase unha partida de 10 millóns de euros para executar as obras da 1ª fase, entre Láncara e Sarria centro, e comezar a redacción do proxecto do seguinte treito.
A Xunta avanzará de modo simultáneo na tramitación dos proxectos da VAP Costa Norte, no treito San Sadurniño-Sanguiñeira e no estudo informativo da variante de Viveiro, e na mellora das estradas autonómicas da contorna (LU-540, AC-862 e AC-556). Para o conxunto das actuacións, os presupostos contan cunha achega prevista de 5,4 millóns de euros.
Na cidade de Lugo, resérvase un investimento para a Rolda Leste de 300.000 euros e outros 500.000 euros para o impulso do Plan Paradai, á espera do seu desbloqueo por parte Concello de Lugo e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
As contas autonómicas do próximo ano tamén permitirán desenvolver obras de acondicionamento en distintas vías da rede de estradas autonómicas da provincia, cunha achega de 2,2 millóns de euros. Inclúese aquí o impulso de obras como a eliminación do tapón urbanístico da rúa Fisterra, na estrada LU-114, na cidade de Lugo; a mellora da estrada Begonte-Friol-Palas; ou a reforma da estrada LU-651 en Folgoso do Courel.
Ademais, resérvanse 750.000 euros no proxecto da conexión do Porto Seco coa estrada N-120, en Monforte de Lemos.
O Goberno galego continuará impulsando a execución do Plan de sendas da provincia, coa previsión dun orzamento de máis de 1 millóns de euros, así como as actuacións de supresión dos tramos de concentración de accidentes, cunha achega que rolda os 1,5 millóns de euros para o vindeiro exercicio.
A seguridade viaria segue sendo unha materia prioritaria para o departamento de Infraestruturas da Xunta, que en 2021 destinará máis de 10 millóns de euros ás actuacións de conservación, vialidade invernal ou reforzos de firmes nas estradas autonómicas da provincia de Lugo.
Encomenda de Infraestruturas sanitarias
Este departamento da Xunta tamén executará actuacións no eido das infraestruturas sanitarias, cuxos investimentos necesarios se recollerán nos Orzamentos da Consellería de Sanidade.
O departamento de Infraestruturas continuará coa encomenda para seguir avanzando nas obras de Centro Integral de Saúde do Barrio da Residencia da cidade de Lugo, cunha achega de 5,88 millóns de euros, aos que se suma a partida de 490.000 euros para executar as obras de asfaltado de viarios en hospitais da provincia.
Mobilidade
No eido do transporte, a Dirección Xeral de Mobilidade disporá o próximo ano máis de 21 millóns de euros. Un total de 14,32 millóns de euros van dirixidos ao Plan de Transporte Público de Galicia nesta provincia, prevéndose a culminación da renovación integral das liñas de autobús dependentes da Xunta.
Isto permitirá estender a tarxeta Xente Nova e as bonificacións do Transporte Metropolitano ao conxunto da provincia.
A aposta pola intermodalidade mantense o próximo ano, pois a Xunta reserva unha partida de 1,53 millóns de euros para as obras da estación de autobuses intermodal de Lugo.
A Xunta optimizará as infraestruturas de transporte no rural, promovendo unha rede de mobilidade segura a través de actuacións integrais, cunha partida que supera os 3,7 millóns de euros e que suporán a mellora das paradas de autobús e a dotación de marquesiñas, así como reparacións nas estacións de autobuses.
Actuacións hidráulicas
En relación ás obras hidráulicas, Augas de Galicia contará cun orzamento de 19,12 millóns de euros, que permitirá traballar para lograr unha xestión máis eficiente e en liña coa estratexia de crecemento verde da Unión Europea. Así, reforzaranse os sistemas de abastecemento máis vulnerables, especialmente no rural, para anticiparse ao cambio climático ou á seca.
A este respecto, manteranse as axudas aos concellos para que elaboren os seu propios plans de emerxencia fronte á seca e ás comunidades de usuarios para mellorar as súas infraestruturas de abastecemento.
O organismo hidráulico prevé acometer melloras de eficiencia nas redes de abastecemento e nas plantas de depuración mediante a achega de 3,43 millóns de euros.
Os orzamentos manterán o apoio aos concellos en materia de saneamento e abastecemento, de competencia municipal. Atendendo a esas necesidades, Augas de Galicia reserva partidas para o impulso do saneamento en Celeiro e a mellora da EDAR de Viveiro, cun investimento total de partidas de 5,3 millóns de euros.
A Consellería de Infraestruturas tamén reserva para o municipio de Viveiro unha contía de 250.000 euros para medidas de minimización do risco de inundacións do río Fontecova, en Xunqueira.
Outras actuacións previstas nas contas para o vindeiro ano son: a estación depuradora de Foz, cunha achega de 2,57 millóns de euros; a mellora da rede de saneamento e da depuradora de Burela, cunha partida de 370.000 euros; ou o abastecemento en Castro de Rei con 300.000 euros.



















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



