Esta pasada fin de semana tivo lugar en Forxán-Foz a celebración da tradicional romaría de San Gonzalo, O Bispo Santo ou O Santo, como se coñece popularmente, tan vencellado á coñecida lenda do afundimento das naves normandas. Contan vellas crónicas que “para llevar memoria de todo lo que acontecía en este día (o da festa), y repasos de la capilla, se hizo en el año 1848 libro nuevo por no hallarse ninguno”. Ó facerse cargo da parroquia (San Martiño) don Salvador Pardo, a ermida presentaba un aspecto depauperado; daquí que o prior, sacerdotes e cantores condonasen os seus honorarios “a favor de la hermita atendiendo al corto caudal y al estado de penuria en que se halla”. Aquel ano (1848) xuntáranse de donativos 17 rás, que con 22 sobrantes do ano anterior facían 39. Os gastos: pagado a un músico rural, 10 rás; 4 ducias de foguetes, 20 rás, superavit: 9 . Ó seguinte ano, que xuntaron 66 rás, inician a reparación da capela, con “un carro de losa y su conducción para retejar, 20 reales; 12 días de un cantero, 48 reales”. O último asento do libro corresponde a 1876, no que figuran uns ingresos de 123 rás, e os gastos: “El prior condona los derechos de vísperas y función en obsequio del glorioso San Gonzalo. A dos sacerdotes que asistieron a la misa solemne, 20 reales; a los músicos 20 reales; cera, 4 reales. Del fuego en cohetes, 80 reales. Suma 124 reales”. En 1888 o bispo visita a capela e “excita el celo del coadjutor para que procure reorganizar la capilla, avivando el espíritu religioso entre los vecinos y que éstos faciliten recursos para la subsistencia de tal capilla”. O 8 de novembro de 1908 o bispo don José Solís visitaba a capela e o feito quedou rexistrado: “.. deseando el obispo ver el estado de la capilla vino desde Foz por dicho lugar y enterado del estado pobre en que se hallaba, dejó limosna de 50 pesetas que, con 22 que se reunieron entre los vecinos de Forján, Palmiz y Mourente se gastaron en mejoras de la misma… No debe silenciarse que el acarreo de la losa desde la Pena, en Foz, corrió a cargo de Manuel Teijeira, de Palmiz, que de esta forma hizo la mayor limosna entre los vecinos”. En 1973 realizáronse obras de restauración, así como en anos posteriores mellorouse o seu entorno.
Suso Fernández


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



