Trabada, 4 de decembro de 2020. A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez (PSOE), é deputada provincial e ten dedicación exclusiva á Deputación. Para atender as cousas do Concello, estableceuse unha dedicación parcial, que foi adxudicada a Julia María Barcia. Hai algún tempo, como profesora, foi destinada, para facer unha substitución, a Silleda, e, a pesar diso, seguiu cobrando a dedicación parcial. Agora, cubre como substituta unha praza na provincia de Pontevedra e mantén a dedicación parcial. O portavoz popular, José María Fernández, demanda de novo a renuncia de Barcia ao soldo municipal e denuncia un baleiro de goberno no Concello.
José María Fernández sinala: “Dende o grupo do PP de Trabada denunciamos unha vez máis o baleiro de goberno que temos no Concello. Por unha parte, a alcaldesa está dedicada exclusivamente á Deputación de Lugo, ás ordes do señor Tomé. Por outra parte, a tenente de alcalde, con dedicación parcial ao noso Concello e cun salario de 21.420 euros, por segunda vez este ano, está noutra provincia facendo unha substitución como profesora. Vemos que no Concello, polo tanto, hai un baleiro de poder. Non hai ninguén para atender aos veciños e veciñas de Trabada”.
Os populares, á vista da situación, demandan “a renuncia á dedicación parcial, como é o normal e o máis ético; se isto pasara cun alcalde do Partido Popular escoitariamos de todo”. Fernández declara: “Nós, xa na outra ocasión pedimos que renunciara á dedicación parcial; agora dicimos a maiores que neste momento, percibir dous salarios públicos e non facer aquilo polo que se recibe un deles non é ético. Esperemos que esta vez renuncie á dedicación parcial e que á fronte do Concello se poña alguén, porque os veciños teñen dereito a ser atendidos polo goberno municipal”.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



