A Mariña, 9 de decembro de 2020. A FCAM segue coa campaña de promoción da comarca a nivel nacional. A Federación de Comercio A Mariña continúa sumando publicacións e nesta ocasión unha reportaxe na revista Auto Fácil convida a realizar unha visita polos museos da costa luguesa da man de Pedro Madera, xornalista, historiador e viaxeiro infatigable.
Para o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, “a ruta dos museos a través desta comarca e pola provincia de Lugo son unha boa escusa para visitarnos”. E subliñou “a importancia que ten o turismo no comercio de proximidade, que encaixa na decisión de viaxar con todas as medidas de prevención neste momento”.
Pedro Madera propón en Auto Fácil unha visita ao Museo do Mar en San Ciprián, ao Museo da Basílica de San Martiño de Mondoñedo e ao Museo de Sargadelos, ademais doutros situados na cidade de Lugo como o Museo Provincial, a Casa dos Mosaicos ou o Museo Interactivo da Historia.
Paleo considera que “a promoción constante durante todo o ano é necesaria para desestacionalizar e promocionar as pontes festivas. Sempre é un bo momento para visitar A Mariña, calquera estación nos ofrece múltiples posibilidades para coñecer e disfrutar desta comarca: rutas, gastronomía, monumentos, museos, mar, montaña… e a súa xente”.
O xornalista Pedro Madera xa achegou aos lectores de Marca Motor as potencialidades da comarca en abril de 2019 e incluíu A Mariña no seu libro Viajar por libre. 50 rutas en furgo por España”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



