Lugo, 15 de decembro 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado da Vicepresidenta, Maite Ferreiro, e do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Díaz López, ademais de membros da Corporación provincial e de representantes da USC, entre outros, inaugurou este martes a Granxa Experimental de Leite na finca Gayoso Castro, en Castro de Rei, unha instalación pioneira, ao tratarse do primeiro centro público experimental de Galicia que aúna formación e investigación sobre o sector lácteo.
A institución provincial destinou 1.250.000€ para construir e dotar as instalación, o 90% do investimento necesario, achegando a USC o 10% restante. A Deputación asumirá ademais o 100% dos gastos de funcionamento.
José Tomé subliñou que esta infraestrutura “de primeiro nivel no material, pero, sobre todo, no profesional”, xa está en marcha, “coa primeira promoción de alumnos e alumnas do Campus Terra que completarán e mellorarán aquí a súa formación”. “Quixemos inaugurar agora, cando estas instalacións están cheas de vida e de actividade, e non antes porque non ten ningún sentido inaugurar edificios baleiros, sen profesionais, sen xente que lle dea vida”, subliñou o mandatario provincial. Engadiu que “os profesionais, o capital humano, é o que dá valor, o que dá verdadeiro sentido e utilidade real ás infraestruturas”.
Tomé Roca recalcou que a Unidade de Leite da Granxa Gayoso Castor da Deputación ten como obxectivo “poñer a formación, a investigación e a innovación ao servicio dos gandeiros e das gandeiras da provincia, de todo o sector primario, e do desenvolvemento do rural”. “A nosa meta é converter este centro naquilo para o que foi creado: un gran centro de formación, de investigación e de innovación do sector lácteo que contribúa a que as explotacións leiteiras da nosa provincia sexan máis rendibles e máis sostibles”, axudando a afrontar retos importantes, “como aumentar o valor do produto, reducir costes de produción e favorecer o benestar animal”.
Nesta granxa analizaranse todos os parámetros e os problemas das explotacións gandeiras para despois ofrecerlle ao sector primario pautas de mellora e solución.
A Granxa Experimental de Leite cubre ademais unha parte importante das prácticas da Facultade de Veterinaria e da Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus Terra, o que suporá un engadido de calidade na formación do alumnado porque farán prácticas nun laboratorio vivo. Neste senso, lembrou que o 25% dos seus grupos de investigación do Campus Terra están relacionados coa produción láctea.
Deste xeito, as novas instalacións creadas pola Deputación coa colaboración da Universidade de Santiago, “contribuirán ao desenvolvemento económico da provincia de Lugo a través do impulso dun sector produtivo esencial para a nosa provincia, como é o lácteo, no que somos unha potencia a nivel do Estado; e tamén contribuirán a afianzar a posición da provincia de Lugo no mapa do ensino superior europeo, a reter o talento dos mozos e mozas, e a fixar poboación no rural”, asegurou o Presidente.
Visión estratéxica do sector primario e do rural
Tomé Roca sinalou que o deber das administracións públicas pasa por atender á cidadanía no seu día a día, pero tamén, dixo, “por planificar e impulsar o futuro da sociedade a medio e longo prazo, dende unha visión global e estratéxica do territorio e dende o coñecemento da súa realidade e das súas oportunidades”.
Neste sentido, o Presidente destacou que a Deputación de Lugo trata de paliar “a falta de visión estratéxica de futuro para o sector primario e para o rural” da que adoece a Administración que debía liderar estas políticas, a Xunta de Galicia, promovendo, “dende as nosas posibilidades e cos recursos dos que dispoñemos”, proxectos como a Graxa Gayoso Castro, “unha dotación pública que os sucesivos Gobernos de progreso que estiveron ó fronte da Deputación de Lugo dende o ano 2007 puxemos a servicio público, converténdoa nun referente e nun motor para o sector primario da provincia e de Galicia”.
O mandatario provincial lembrou que o complexo da Granxa Gayoso Castro alberga un labor de apoio á recría de becerras de raza Rubia Galega coa colaboración de ACRUGA, e un centro de recría de gando vacún de leite, o primeiro de iniciativa pública creado en España.
Coa Granxa Experimental de Leite, a Deputación dá un paso máis, ampliando “esta actividade de apoio ao sector agrogandeiro da provincia de Lugo”, destacou o Presidente, quen avanzou que a institución provincial “non parará aquí, pois temos por diante novos e ambiciosos proxectos, como a creación dunha granxa en impulso da raza Porco Celta, en colaboración con outras entidades, dentro das directrices e das posibilidades da Deputación, como propietaria desta finca Gayoso Castro”.
José Tamén tamén puxo como exemplo do compromiso e da visión estratéxica sobre o futuro do rural que ten a Deputación o aumento dun 13% nos Orzamentos do ano 2021 dos fondos para a actividade agrogandeira, forestal e do mar. “O obxectivo é claro: diversificar a produción, aumentar a competitividade e xerar valor engadido”, recalcou.
Instalacións á vangarda
A Deputación de Lugo achegou o 90% do investimento necesario para poñer en marcha e equipar a Granxa Experimental de Leite, preto de 1.250.000€, mentres que a Universidade de Santiago achegou 130.000€, o 10%. Ademais, a institución asumirá a totalidade dos gastos para o funcionamento das instalacións. “Aportamos as vacas coas que o alumnado vai facer as prácticas, o alimento e o manexo do gando, a maquinaria para cultivar a finca e as persoas que, co seu traballo, van facer que isto funcione”, subliñou o Presidente.
As instalacións están construídas nunha finca de 15.500 metros cadrados de titularidade da Deputación, e ao pé da Granxa Gayoso Castro. Ten capacidade para 70 vacas produtoras e 12 secas. Conta cunha nave para gando de leite, unha nave de maquinaria, un aulario (habilitado para 40 alumnos e alumnas, e 20 prazas de persoal investigador), unha fosa de xurro e dous silos de formigón.
Deses 15.500 metros cadrados, 4.400 metros cadrados utilízanse para as infraestruturas. A maiores do previsto inicialmente, a Deputación decidiu pavimentar a contorna da Granxa Experimental, investindo preto de 140.000€, para mellorar a presencia e os accesos á infraestrutura.
Instalouse unha sala de muxido que terá capacidade para dez cabezas de gando e que utiliza un robot, un mecanismo que se combinará co pastoreo, un sistema pouco común aínda en Galicia pero moi estendido noutras zonas de Europa e que permite diminuír os custes e valoriza o leite. Incorpora un conxunto de medidas de benestar animal, entre as que se inclúen o cepillo rotativo, cornadizas, cubículos e galbanizados.
O centro conta cunha zona de observación, que facilita a visión total da instalación, un aspecto útil á hora de desenvolver as prácticas.
Percorrido guiado
No acto de inauguración da Granxa Experimental de Leite celebrado hoxe asistiron deputados e deputadas da Corporación provincial, representantes e profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, membros da corporación municipal de Castro de Rei, alumnado que está desenvolvendo as súas prácticas nas instalacións, persoal da Deputación e da Granxa, e as persoas encargadas da dirección da obra. Unha vez feita a inauguración oficial, en grupos reducidos desenvolvéronse visitas guiadas por persoal técnico ás diferentes dependencias que conforman a Granxa Experimental de Leite.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



