Cervo, a 16 de decembro de 2020. Os traballadores e as traballadoras de Alcoa San Cibrao realizarán hoxe mércores, ás 21 horas, unha concentración na Praza da Casa da Cultura para conmemorar a parada das cubas de electrólise que se produciu na fábrica hai 33 anos a causa do incidente do Cason, o barco que embarrancou fronte a costa de Fisterra levando unha carga de produtos químicos inflamábeis, tóxicos e corrosivos.
O traslado da mercadoría do buque á comarca da Mariña provocou un gran rexeitamento social e a nefasta decisión do Goberno de almacenar os bidóns no peirao de Alúmina-Aluminio (a fábrica entón aínda era pública) rematou co despedimento de máis de cen traballadores/as e dos 23 membros do comité de empresa, que nunca foron readmitidos. Máis de tres décadas despois, sobre a factoría de San Cibrao volve pender a ameaza da parada das cubas, mais nesta ocasión porque así o acordou alguén en Pittsburgh.
“No ano 87 a decisión do Goberno español puxo en perigo a continuidade produtiva da factoría, agora a falta de acción decidida do Gobernos para intervir a planta pode ser a que nos leve á ruína”, valora o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, quen hoxe participará na mobilización en San Cibrao. O máximo responsábel da CIG entende que “non pode ser que esteamos a expensas do que diga o xulgado (en referencia á impugnación do ERE no TSXG) para resolver un asunto tan importante como o mantemento dos empregos e o futuro da produción de aluminio primario en Galiza”.
Neste senso, subliña que de terse derrogado a reforma laboral “a decisión última dos despedimentos non estaría en mans exclusivas de Alcoa, xa que para executar o ERE precisaría da autorización administrativa previa”. Por iso, Carril reclama do Goberno español e da Xunta unha actuación pública decidida para expropiar a fábrica e impedir que Alcoa poida levar adiante o seu plan de peche.
O secretario xeral da CIG demanda un calendario claro e inequívoco por parte de ambos Gobernos “que permita que antes do 31 de marzo de 2021 -data límite que puxo Alcoa- teña lugar esa intervención do complexo industrial. Parécenos unha auténtica irresponsabilidade que as administracións pretendan deixar todo a expensas do que determine o xulgado, cando non é a xustiza quen pode resolver este conflito”.
Ao contrario, a solución para a continuidade industrial e dos empregos depende de decisións políticas, “amparadas ademais no impacto social e o dano que pode provocar unha situación definitiva de despedimentos”, asevera Carril. E nesta liña denuncia que, canto máis se tarde nesa intervención pública, “máis responsabilidade compartida terán con Alcoa, o Goberno español e a Xunta”.
























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



