Cervo, 18 de decembro de 2020. O Concello de Cervo destina o edificio da Antiga Nave de Fundición de Sargadelos a un espazo comercial de divulgación e conservación da tradición galega.
A edificación, que data do século XVII e que foi recentemente rehabilitada pola Administración local en colaboración coa Xunta de Galicia, foille cedida en uso en réxime de arrendamento ao artesán Telmo Cao, para poñer en funcionamento un taller de forxa artística “nun espazo que pola súa natureza e historia é idóneo para o desenvolvemento desta actividade”.
As condicións do aluguer desta nave son similares ás dos 6 locais habilitados – máis un alpendre- no Edificio das Antigas Cabalerizas que saíron estes últimos anos a concurso público e cuxo prezo de explotación é simbólico ao estar bonificado ao 90% polo Concello de Cervo, xa que, tal e como precisa o rexedor, Alfonso Villares, “desde que pensamos en rehabilitar estes dous bens patrimoniais –tanto a nave de fundición como o edificio das antigas cabalerizas- tivemos moi claro que poderiamos con elo darlle un pulo importante a Sargadelos favorecendo a instalación de diferentes actividades, tal e como quedou constatado xa coa posta en marcha do centro de emprendemento que está a ser moi visitado; pero ademais de darlle ese impulso ao Conxunto Histórico tamén buscamos crear emprego ofrecéndolles a estas persoas emprendedoras unha opción para poder iniciar a súa actividade facendo fronte a un custe asumible”.
Favorecendo a instalación deste taller neste edificio municipal estamos a dar un paso máis neses obxectivos que nos fixamos –apunta Villares- “en aras tamén de favorecer a conservación e o futuro de oficios tradicionais como é o do ferreiro”; porque Cao no seu proxecto tamén contempla a transmisión de coñecementos do mundo da forxa a través de cursos de formación e xornadas de portas abertas para dar a coñecer o seu oficio.
Reseña curricular.
Telmo Cao Farré ten unha ampla experiencia no sector da forxa artística exclusiva e da escultura en metal; cos seus traballos xa chegou a todo o norte peninsular e ás Illas Baleares; algunhas das súas pezas únicas poden verse na mesma Sagrada Familia de Barcelona ou nas Casas Modernistas da Cidade Condal, deixando o seu selo en bancos, varandas ou portas.
Centro e Emprendemento de Sargadelos
A forxa artística completa o Centro de Emprendemento e Artesanía de Sargadelos; no que a día de hoxe están instalados o establecemento de fabricación e venda de táboas de surf artesanais “Serea Surfboards”, o obradoiro creativo con tenda e estudo de tatuaxes “Enigma”, o centro ecuestre “Cabaliño de Pao”, o café bar cultural “A Sacabeira”, o establecemento de alimentación ecolóxica “Marmeladas A Morena” e o centro terapéutico rehabilitador “Pasiños na Lúa”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



