Foz, 29 de decembro de 2020. As Casas Reais dos Magos de Oriente e o Concello de Foz asinaron un convenio interadministrativo para facilitar a entrega de agasallos ás nenas e nenos focegos neste Nadal 2020 a pesar das restricións horarias pola pandemia.
Nun contexto especialmente duro pola crise sanitaria, que provocou moitas dificultades ás pícaras e pícaros focegos, e tendo en conta que o comportamento das nenas e nenos de Foz foi excelente, salvo casos moi puntuais e en contadas ocasións, as Administracións asinaron este acordo para facilitar a entrega de agasallos.
Os asinantes analizaron e trataron en profundidade as dificultades do horario de restrición de mobilidade ás 23 horas e as escrupulosas medidas sanitarias para evitar a expansión do COVID, que ralentizan a entrega de agasallos en todo o mundo. Por este motivo o Concello de Foz comprométese a expedir certificados aos Reis Magos e aos seus paxes para evitar calquera tipo de problema coas forzas de orde pública nos desprazamentos de entrega de agasallos máis alá das 23 horas, así como facilitará a redacción e entrega das misivas aos Reis Magos, colaborando na disposición de caixas de correo e facilitando modelos oficiais de carta nas tendas e establecementos do Concello, o cal xa está a facer efectivo.
Pola súa parte Melchor, Gaspar e Baltasar comprometéronse a ampliar o seu horario de traballo, dada a ralentización no reparto de agasallos que se prevé; reducirán as partidas de carbón, xa que puideron comprobar que o comportamento das nenas e nenos de Foz foi en xeral excelente; e lembran a tódalas familias que os zapatos, zapatillas e botas que deixen nos andeis das ventás deben estar desinfectados como corresponde para evitar o risco de contaxios.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradece a gran disposición das súas maxestades por asinar este acordo, que “redundará no beneficio de todas as nenas e nenos de Foz. Melchor, Gaspar e Baltasar foron moi atentos coas nosas demandas e así se reflexa neste convenio. Agradecer tamén o traballo de todos os funcionarios do Concello de Foz e das Casas Reais que o fixeron posible. Queremos tamén transmitir unha mensaxe de tranquilidade a todas as cativas e cativos, xa que o bo comportamento, segundo nos indican as súas maxestades, ten sempre a súa recompensa”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



