Cando aconteceu o 11-S, lembro que estaba traballando na factoría de Alcoa, en quenda de tarde, e seguimos os acontecementos pola radio con bastante preocupación xa que estabamos nunha fabrica de capital USA. A sensación de que algo ía cambiar estaba moi presente, do mesmo xeito que unha sensación de non dar creto total ao que pasaba. Esa mesma sensación de non dar creto e de profundo cambio foi o que sentín diante do asalto ao Capitolio dos EE.UU. nestas datas. Calquera demócrata sentiría unha fonda preocupación.
É certo que as imaxes seleccionadas, polos medios, ás veces son case cómicas, xente disfrazada, roupas frikies…pero ollo, non se pode desviar a atención de que son 4 as vítimas mortais do suceso e a xente ía aramada e co obxectivo de paralizar o proceso constituínte da nova Administración do Partido Demócrata, case un intento de golpe alentado polo Presidente saínte. Máis que posibles cambios trae a medio prazo no modelo político dunha das superpotencias máis influínte do mundo. Persoalmente preocúpame o anuncio de varios membros do entorno Trump, sobre a creación dun movemento político que vai ter financiamento e xogar no límite da acción política. No medio prazo a ruptura do partido Republicano en dous e a mobilización de voto oculto vai estar presente na política dos EE.UU. causando posiblemente cambios na política domestica primeiro con alcance de novo na estatal. O populismo e o neo-fascismo están para quedarse, cómpre saber si os tradicionais partidos americanos son quen de parar este efecto.
Desde Europa é hora de balancear o modelo de sociedade global, no escenario temos catro opcións: a Rusia de Putín, a China expansionista no económico, a Administración dos EE.UU ferida polo Trumpismo ou o modelo Europa por construír. Cal elixes ti?
Mención aparte merece a miserenta lectura do acontecido pola arcaica dereita española, comparar o asalto ao Capitolio a movementos cívicos de Europa é simplemente ruín e mesquiño. A que espera a fiscalía? A que nos gobernen os amigos de Ted Cruz e Trump? Como podemos permitir que o nº 2 do PP no estado diga o que dixo? Como calquera demócrata pode intentar lexitimar o acontecido?
Piñeiro Docampo,
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO




















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



