Lugo, 20 de xaneiro de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a reunión que celebrou o Centro de Coordinación Operativo da provincia (CECOR) para adaptar os dispositivos das forzas e corpos de seguridade ante a entrada en vigor, a próxima medianoite, das novas restricións sanitarias establecidas pola Xunta de Galicia. Na xuntanza, celebrada a última hora da mañá na Subdelegación do Goberno, participaron, responsables da Garda Civil, a Policía Nacional, a Policía Autonómica, a Policía Local de Lugo, Protección Civil e representantes da Subdelegación do Goberno e da Xunta.
A subdelegada informou que desde o pasado venres, cando entraran en vigor as anteriores medidas sanitarias, a Policía Nacional e a Garda Civil despregaron na provincia de Lugo 552 dispositivos de seguridade nos que foron identificadas un total de 6.858 persoas e controlaron 5.778 vehículos.
Isabel Rodríguez detallou que nas cinco xornadas comprendidas entre os días 15 e 19 de xaneiro a Garda Civil e a Policía Nacional formularon 106 propostas de sanción polo incumprimento das restricións á mobilidade e os contactos sociais que fixara a Xunta de Galicia para os concellos da provincia de Lugo durante ese período de tempo.
Trala xuntanza do CECOR, Rodríguez anunciou que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado continuarán co intenso labor que veñen realizando con gran dedicación nos últimos meses na provincia velando polo cumprimento das restricións establecidas na loita contra a expansión do COVID-19, con operativos que se van axustando en función da evolución da normativa que dita a autoridade sanitaria.
A subdelegada tamén insistiu na necesidade de que a cidadanía atenda todas as indicacións dadas polas autoridades sanitarias e destacou a implicación de todas as forzas de seguridade, Policía Nacional, Garda Civil, Policía Autonómica e Policías Locais, ás que agradeceu o seu traballo coordinado para garantir a seguridade e a saúde dos lucenses en cumprimento da normativa sanitaria na provincia



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



