Lugo, 20 de xaneiro de 2021. A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, apoiará 31 proxectos de enerxías renovables térmicas en administracións locais, empresas e entidades sen fins de lucro da provincia de Lugo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que as achegas suman un importe de 652.000 euros e financian iniciativas de aproveitamento da biomasa e a xeotermia. Este programa, cofinanciado con fondos Feder, enmárcase na Estratexia integral de Impulso da Biomasa en Galicia e na Estratexia Galega de cambio climático e enerxía 2050.
No que respecta ás medidas de utilización da biomasa, concedéronse axudas por unha contía total de 230.500 euros aos concellos de Begonte, O Valadouro, O Incio e Lugo, e dúas a Xermade e Alfoz respectivamente. Tamén se aprobaron sete achegas destinadas a empresas e autónomos por 100.900 euros, e tres para entidades sen fins de lucro por 114.000 euros. Ademais, apóianse con 207.200 euros 13 proxectos de empresas e autónomos para o uso da aerotermia.
Estas axudas supoñen un investimento mobilizado de máis de 1,1 millóns de euros (sen IVE); a intensidade da achega é do 80% para as administracións e as entidades sen fins de lucro e unha media do 60% para empresas, cun máximo de 250.000 euros por proxecto.
A Xunta mantén, deste xeito, o seu compromiso cunha Galicia máis verde, a través de apoios que buscan fomentar o uso das enerxías renovables e unha maior eficiencia enerxética, tanto nos fogares galegos como nas administracións, empresas e entidades.
Novas convocatorias
O Goberno galego vén de convocar outros catro programas para incidir neste obxectivo. Así, está aberto o prazo de solicitudes para optar ás achegas para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector agrícola primario, coas que se prevé mobilizar 8,5 millóns de euros en 200 proxectos de enerxías renovables e eficiencia cos que se crearán 70 empregos.
Igualmente, convocou apoios para particulares, destinados a proxectos de enerxía solar fotovoltaica e ao uso de enerxías renovables de uso térmico, e tamén para o desenvolvemento de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos.




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



