
mde
Alfoz, 23 de xaneiro, 2021. Via Alfoz instou ao alcalde de Alfoz, Jorge Val (Psoe), como responsable da convocatoria das sesións, a que, durante a vixencia do actual estado de alarma, se proceda á celebración telemática de sesións plenarias e de outros órganos colexiados do Concello de Alfoz, permitindo garantir a transparencia, a información e o funcionamento democrático do concello, sen poñer en risco aos membros do pleno nin aos asistentes que, por outra banda, terían limitado o acceso no caso das sesións plenarias presenciais por cuestións de aforo.
Segundo indica a Dirección Executiva de Via Alfoz, “As restricións sanitarias marcadas polas diferentes administracións deberían terse en conta nestes momentos, pero parece que o goberno municipal non ten moi claro que nos enfrontamos a una pandemia e que temos que tomar medidas para combatela e non asumir riscos innecesarios”.
Xabier Pardiñas, voceiro do Grupo Municipal de Via Alfoz, trasladou esta petición mediante unha moción, que non puido nin sequera ser debatida no Pleno ao non considerala como asunto de urxencia, o que amosa de novo a intransixencia do actual alcalde, “indicando que el é o responsable de convocar os plenos e polo tanto se celebrará como el queira, e recordándonos de novo que teñen a maioría e non teñen porqué contar coas nosas propostas”.
Aínda que desde a alcaldía indicaron o Servizo de Audiovisuais da Deputación Provincial de Lugo non pode actualmente dar servizo para celebración de sesións de forma telemática, desde a Dirección Executiva de Via Alfoz consideran que é simplemente “unha desculpa mais e unha falta de vontade absoluta por parte do alcalde, que roza a irresponsabilidade ante a actual situación sanitaria”, engadindo que, “o señor alcalde non pode pensar que está na súa casa, esta é a casa de todos e non pode facer o que queira. Non ten sentido que non nos poidamos reunir mais de catro persoas nunha casa ou nun local de hostalaría e se abra a casa do concello para celebrar Plenos, habendo outras alternativas. Fainos elixir entre a nosa saúde a as nosas obrigas como concelleiros”.
Precisamente, respecto aos locais de hostalaría, Via Alfoz preguntou no Pleno se o goberno municipal tiña pensado axudas ante a actual situación de restricións de apertura. A resposta da alcaldía sorprendeu de novo aos independentes pois “espetounos que o concello non ten competencias para dar axudas aos nosos empresarios. Nós simplemente lle pedimos que mire ao seu redor para ver o que fan outros concellos”.



















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



