Ribadeo, 26 de xaneiro de 2020. A Concellaría de Medio Ambiente comezou os traballos de poda no entorno da praia e do paseo dos Bloques co obxectivo de evitar posibles derrubes. As tarefas realízanse con recursos propios e prolongaranse durante varias xornadas.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, anunciou que “desde a Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo empezamos hoxe unha poda exhaustiva de restos vexetais, tanto secos como árbores perigosas, no entorno da praia dos Bloques, tanto no areal como no paseo, pola perigosidade de derrubes porque xa o ano pasado tivemos un desprendemento aí detrás dunhas casas. Ao final solucionouse facendo unha obra no lugar a través do Concello e resolvemos ese problema”.
O edil nacionalista explicou que “para que isto non volva suceder nos recomendaron que fixéramos unha poda o máis exhaustiva posible e que quede o terreo seguro, pero ten árbores moi perigosas, con ángulos de case de noventa grados, que están tirando moito por toda esa contorna”.
Jorge Díaz sinalou que “vai ser todo con recursos propios do Concello, a través da Área de Medio Ambiente. Estes traballos de poda dependen da meteoroloxía. A ver o tempo que nos leva e como se nos vai dando porque hai un traballo bastante grande aí e non sabemos exactamente cando se acabará. Iremos pouco a pouco”.
O concelleiro de Medio Ambiente engadiu que “esta é unha labor que levamos intentando facer desde que empezou o novo goberno e agora, cos permisos xa en regra e na man, podemos actuar”.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



