Santiago, 26 de xaneiro de 2021. A proposición de lei de recuperación da terra agraria de Galicia continuará a súa tramitación no Parlamento galego logo de que o Pleno aprobara esta tarde a súa toma en consideración, co único voto en contra do BNG. A viceportavoz popular, Elena Candia, afirmou que “esta debe ser unha lei de país que dea solucións a cuestións importantes do rural galego, como a respecto á propiedade privada, aumentar a base territorial, reforzar o papel da administración na investigación da propiedade e loitar contra o abandono de terras”.
Elena Candia incidiu na “aposta estratéxica do actual Goberno galego pola recuperación de terras abandonadas mediante a súa posta en valor”. Para isto, avogou pola creación de actividade económica no medio rural; a mitigación e adaptación ao cambio climático, en especial mediante a prevención de incendios forestais; a seguridade alimentaria; e o impulso dunha planificación da paisaxe agraria que permita a creación de ecosistemas resilentes.
A proposición de lei de recuperación da terra agraria, impulsada polo Grupo Popular, consta de 144 artigos e as correspondentes disposicións adicionais. Candia subliñou que este novo texto lexislativo incorpora 43 das recomendacións incluídas no ditame da Comisión de Estudo sobre política forestal celebrada durante a pasada lexislatura no Parlamento galego.
Un dos obxectivos principais desta nova lei é actuar fundamentalmente en terras abandonadas, ao tempo que pon a disposición dos galegos instrumentos para favorecer a reorganización na totalidade do territorio galego.
Dentro desta ordenación, a viceportavoz popular referiuse a figura das permutas de principal interese agrario, “coas que se pretende eliminar encravados arredor das explotacións gandeiras, atendendo deste xeito unha demanda unánime do sector”.
Así mesmo, explicou que os polígonos de propiedade privada “van permitir que os gandeiros e agricultores poidan reordenar as súas explotacións, acadando eses obxectivos para desprazar fincas que estean no medio das súas explotacións e podan estar causando problemas para sacarlle un mellor rendemento”.
Elena Candia tamén citou as aldeas modelo, nas que a Consellería do Medio Rural xa ven traballando, e doutras dúas figuras de recuperación de terra agraria: os polígonos agroforestais e as agrupacións de xestión conxunta. “Calquera destas dúas opcións precisarán dunha maioría cualificada do 70 por cento para a súa constitución, respectando en todo momento a propiedade privada”, dixo.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



