Santiago de Compostela, 1 de Febrero 2021. A portavoz nacional, Ana Pontón, pediu á cidadanía que extreme as precaucións posto que os datos seguen mostrando unha pandemia descontrolada en termos de contaxios, hospitalizados e UCIs ocupadas, e sendo xaneiro o segundo mes con máis falecementos, -369-, desde o inicio da crise.
Neste contexto, a líder do BNG insiste en pedir un confinamento de dúas semanas para cortar os contaxios e salvar vidas á espera de que a “esperanza” da vacina chegue a maior parte da poboación e se poda conseguir unha inmunización colectiva. Por iso, Pontón demanda da Xunta un plan de vacinación detallado, con persoal, medios e estratexia e critica que, en lugar de presentar ese plan no Parlamento, o presidente da Xunta se dedique a facer “autombo”.
“É imperdoable que Feixóo use a pandemia para facerse autobombo, máxime nun tema tan sensible como a vacinación. Estamos vendo como nun mes aínda non foi capaz de completar a vacinación nas residencias, -40.000 persoas entres usuarias e traballadoras-, pero leva días coa pantasmada de que pode vacinar 2,7 millóns de galegos e galegas en dous meses”, denunciou.
“Unha frivolidade que use a falta de subministro das doses para insistir na súa pantasmada, escondéndose detrás dese problema, é como seu eu digo que se hoxe se celebrase unha maratón estaría en disposición de ganala sabendo que non se vai celebrar e polo tanto que máis da”, alegou.
Para a dirixente nacionalista, a vacinación é unha cuestión capital para derrotar á COVID e non pode ser utilizada de xeito oportunista, “para facer anuncios propagandísticos mentres que no Parlamento seguimos sen saber nada do plan de vacinación da Xunta”. Pontón tamén convidou a valorar o feito de que o antídoto a unha pandemia estea nas mans dunhas multinacionais farmacéuticas que se rexen polo lucro en detrimento da saúde.
A portavoz do BNG recriminou ao xefe do Executivo que “poña a economía por riba da saúde”, como ven de confirmar na entrevista de La Voz de Galicia, “e esa é a razón pola que non solicitou ao presidente do Goberno do Estado un confinamento pese a estar no peor momento da pandemia”. Pontón reiterou que é falsa a dicotomía economía-saúde e que a primeira non se recuperará mentres non se controle o virus.
En referencia ao debate da Lei de transferencia da AP9, que mañá se debate no Congreso, a nacionalista espera sexa o definitivo e que a transferencia pase a ser unha realidade canto antes para ter unha AP9 “galega e libre de peaxes”. Desde o BNG “imos coa expectativa de que a lei sexa aprobada despois de tantos anos pelexando por esta cuestión, e agardo que todo se faga coa máxima celeridade para poñer fin ao que consideramos é un auténtico agravio con este país”.

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



