Viveiro, 17 de febreiro de 2021. Hai consenso xeralizado en que só mediante a dispoñibilidade de servizos será posible evitar que os cidadáns sintan o desexo de trasladarse de onde viven alí onde, realmente, poden ter ao seu alcance aquilo que mellora a súa calidade de vida. Un destes servizos é o bancario, cada día máis necesario pola dinámicas económicas e comerciais. Estes días, os veciños de Celeiro ven, con desagradable sorpresa, como Abanca decidiu pechar a súa oficina. O grupo municipal do PP expresa a súa total e rotunda oposición a esta medida e súmase a reclamación veciñal para que a entidade reconsidere esta decisión.
O portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, lembra que Celeiro chegou a contar con tres entidades bancarias. Agora unicamente quedaba a oficina de Abanca, que, salvo que a dirección desta empresa reconsidere a medida, tamén bota o peche. Como consecuencia, os usuarios desta entidade en Celeiro terán que acudir a Viveiro, coas conseguintes molestias e a formación de colas para ser atendidos. Os máis prexudicados serán os veciños máis maiores, que terán máis dificultades para desprazarse ata Viveiro.
Rodríguez sinala que o PP apoiará unha intervención conxunta de todos os grupos que integran a corporación municipal para, por un lado, respaldar decididamente, a reivindicación veciñal para que Abanca siga tendo oficina en Celeiro; por outra parte, para intentar manter unha reunión con directivos desta entidade, para deixar claro o prexuízo que suporá para os veciños de Celeiro, para os propios clientes de Abanca, o peche desta oficina. Rodríguez destaca que hai en marcha unha recollida de sinaturas polos veciños para intentar convencer á entidade de que ten que seguir tendo presenza física en Celeiro.
O portavoz popular sinala: “Non é admisible esta decisión, tomada de maneira totalmente unilateral e baseada, supoñemos, unicamente en consideracións económicas. Este é un servizo do que os veciños de Celeiro non poden prescindir sen grave menoscabo da súa calidade de vida. Os concelleiros do PP faremos canto estea nas nosas mans para convencer a Abanca de que non peche a sucursal de Celeiro. O pasado recente debería ser lección suficiente para que a oficina de Celeiro siga aberta e plenamente operativa”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



