Santiago de Compostela, 25 de febreiro 2021. O BNG reclamou á Xunta no Parlamento galego que consensúe de xeito inmediato coa comunidade educativa os recursos humanos e materiais necesarios para levar adiante un plan de ensino virtual que garanta o dereito ao ensino de todo o alumnado durante a pandemia, iniciativa que non prosperou polo veto do PP.
Así o defendeu o portavoz nacionalista de Educación, Manuel Lourenzo, logo de advertir que as cifras sobre a incidencia da COVID nas aulas evidencian que o Executivo galego “non habilitou as ferramentas necesarias para levar adiante o plan de ensino non presencial” que tanto alumando como profesorado están a demandar. “Boa proba desta improvisación son as declaracións do propio conselleiro o este pasado día 1 nas que aseguraba que o número de docentes acreditados para o ensino virtual se incrementaba en máis de 8.000 en menos de 24 horas”, criticou.
Lourenzo enumerou as eivas do plan de ensino virtual presentado polo Goberno de Feixóo, que non da resposta entre outras cuestións, ao alumnado en corentena. Falta de equipos informáticos, problemas de conectividade nos centros e profesorado “triplicando esforzos” para poder dar resposta ás esixencias da consellería son algúns dos problemas aos que, segundo recalcou, se enfronta a comunidade educativa e seguen sen ser resoltos. “Estamos a falar de que en centros de ensino secundario non se poden conectar a unha videoconferencia máis de dous alumnxs á vez ou de aulas de bacharelato nas que non se pode seguir unha actividade virtual”, denunciou.
O deputado nacionalista criticou que o plan chegara sete meses despois do inicio da crise, presentado como folla de ruta “para blindar a calidade” da educación en Galiza en “apenas tres páxinas”, con instrucións nas que “se sobrecarga de burocracia” ao profesorado e ás direccións dos centros e cos “horarios espello” como solución. “Un delirio imposible de realizar”, recriminou, para lembrar que se lle exixiu á comunidade docente a elaboración de horarios espello e un plan de continxencia en sete días, “o que a Xunta non fixo en sete meses”.
Lourenzo explicou que seguen sen resposta os problemas de formación do profesorado sobre ensino online, aulas virtuais e plataformas de interactividade, e que aínda hoxe segue sen aprobarse a partida orzamentaria para equipos informáticos. “O plan non veu resolver os problemas reais da comunidade educativa; o único que resolvía é a papeleta ao conselleiro para poder dicir que o tiña presentado”, afeou, para concluír que, por iso, é preciso o consenso proposto na iniciativa, dado que “queda moito curso por diante e tamén queda pandemia, e temos que levar adiante un plan de ensino virtual que garanta o ensino, tanto a alumando como a profesorado, durante a pandemia”.
























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



