Cervo, 3 de marzo de 2021. A Consellería de Economía, Empresa e Innovación destinou 231.000 euros a habilitar un punto de recollida e selección de residuos así como unha vía de acceso á depuradora de San Cibrao no polígono industrial de Cuíña, en Cervo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe as novas dotacións acompañado polo alcalde, Alfonso Villares, entre outros. Destacou que as actuacións foron financiadas polo Goberno galego nun 80% ao abeiro do programa de achegas para a mellora dos parques empresariais galegos, que lles permite tanto corrixir posibles carencias como adaptarse ás novas necesidades e incorporar máis servizos. En suma, afirmou Arias, pretende “ofrecer ás empresas infraestruturas e servizos que lles permitan ser competitivas”.
No caso do parque de Cuíña, a Xunta apoiou con 120.000 euros as obras de construción dun punto de recollida, selección e clasificación de residuos non perigosos, para o que se acondicionou unha parcela de propiedade municipal de 1.641 metros cadrados, contigua á nave na que estacionan os vehículos de recollida de lixo do concello.
Entre as actuacións executadas figuran o acondicionamento do terreo, construción de muros de compartimentación e de peche, instalación da rede de recollida de augas pluviais e acondicionamento de accesos. Neste sentido, a entrada xeral realízase a través dunha porta automática de 5 metros de lonxitude para permitir un cómodo acceso dos vehículos pesados. Ademais, hai unha conexión directa coa zona de estacionamento dos vehículos municipais do servizo de recollida de residuos.
Pola súa banda, 111.000 euros foron destinados a construír unha nova vía con aparcamentos para acceso á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de San Cibrao.
Sobre a traza preexistente, ampliouse e pavimentouse a plataforma, e engadiuse unha beirarrúa para maior seguridade tanto dos peóns como dos vehículos que transitan pola zona, en boa parte tráfico pesado.
Así mesmo, acondicionouse unha área de estacionamento, e completáronse os traballos coa instalación de sumidoiros, iluminación pública e sinalización.





















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



