Lugo, 11 de marzo, 2021. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, Cheché Real, xunto ao presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González, e os presidentes provinciais das asociacións do sector da Coruña e Pontevedra, Héctor Cañete (Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña) e César Sánchez (Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra) solicitan ampliar o toque de queda ás 23:00 horas para poder así ampliar o horario de peche dos restaurantes ás 23:00 horas con reserva previa, desaloxando o cliente o establecemento co tempo suficiente para chegar ao seu domicilio dentro do toque de queda.
No caso de que non se decidise ampliar o toque de queda e este siga sendo ás 22:00 h, piden que “o cliente poida presentar factura do restaurante como causa excepcional para dirixirse ao seu domicilio despois da saída do restaurante”.
En relación ao resto de establecementos de hostalería (cafeterías, café bares, bares etc.) solicitan ampliar o horario de peche ás 21:00 horas.
Así mesmo, instan as autoridades que contemplen a posibilidade de levantar, canto antes, o peche perimetral da nosa comunidade autónoma, posto que está a causar un grave prexuízo a todos os establecementos de aloxamento (hoteis, casas rurais, apartamentos turísticos etc.).
Apuntan que “estas peticións poidan permanecer así mentres dure o estado de alarma e a situación sanitaria siga sendo favorable, como o é ata o momento. Desta maneira, poderíanse ir mellorando as condicións para que os establecementos de hostalería puidesen ir recuperando a súa actividade e volver á normalidade económica canto antes”.
Así mesmo trasladaron á Xunta de Galicia que “se poidan anular as mesas e as cadeiras unha vez se teña o 30 % do aforamento (persoas) no interior do local e o 50 % do aforamento (persoas) no exterior”. Desde a patronal finalizan solicitando que “prevaleza o aforamento (persoas), xa que se temos que anular as mesas e cadeiras previas á entrada das persoas no local, estariamos a perder aforamento, xa que non todos os clientes veñen de 4 en 4, co correspondente prexuízo económico que isto supón para un establecemento que xa está aberto cun aforamento reducido”.
























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



