Viveiro, 13 de marzo de 2021. O Concello de Viveiro terá este ano un orzamento municipal de máis de 13 millóns de euros, cun forte incremento no gasto social e unha nova liña de axudas para os sectores máis afectados pola pandemia.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, presentou hoxe en rolda de prensa os orzamentos e o segundo Plan de Reactivación Económica, que saen adiante grazas ao mesmo acordo que o adoptado o ano pasado co grupo Por Viveiro.
“Son unhas contas axustadas ao actual contexto económico e moi sociais, coa prioridade de axudar ás familias de Viveiro, os autónomos e a sectores como a hostalaría e o comercio”, asegura Loureiro.
O montante do orzamento deste exercicio 2021 ascende a 13,1 millóns de euros, un millón de euros menos que no 2020, tanto en ingresos como en gastos, sendo unha gran parte desta redución motivada polo cambio de taxa por tarifa nos recibos da auga e lixo, que foi aprobado en pleno en base á lexislación vixente.
Outra parte desta redución no orzamento deriva da obra xa realizada en base á sentenza referida ao inmoble situado na rúa Nicolás Cora Montenegro, 50. Ao tratarse dunha baixada idéntica no capítulo de gastos e ingresos, isto non afecta á prestación de ningún servizo.
Trátase duns orzamentos de emerxencia, acordes á situación actual e á crise derivada da pandemia da Covid-19, nos que cómpre destacar a continuidade das axudas directas aos sectores máis prexudicados. Neste segundo Plan de Reactivación Económica inclúese un importe total de 200.000 euros, presentando como novidade a existencia de dúas liñas de axudas.
Unha delas está destinada en exclusiva ao sector da hostalaría, que está sendo o máis afectado pola pandemia. Para a tramitación destas axudas está previsto que o Concello de Viveiro se adhira ao Plan de Rescate da Xunta de Galicia, de xeito que cada hostaleiro que cumpra os requisitos establecidos recibirá a axuda concedida pola administración autonómica e máis a cantidade achegada polo Concello de Viveiro. A esta liña de axudas destinaranse, aproximadamente, uns 100.000 euros e cada hostaleiro recibirá do Concello de Viveiro en torno aos 1.000 euros.
O Concello de Viveiro prevé adherirse a este convenio, para a tramitación conxunta das axudas á hostalería, tendo en conta que a Xunta de Galicia dispón de máis medios para realizar a tramitación cunha maior axilidade.
En todo caso, cómpre destacar que aqueles hostaleiros que non soliciten as axudas da Xunta de Galicia poden solicitar posteriormente as axudas convocadas polo concello.
A segunda liña de axudas está destinada a autónomos e pequenas empresas que por algunha circunstancia non puideron beneficiarse do Plan de Reactivación Económica de 2020, cumprindo coas bases que se establezan nesta nova convocatoria.
Dentro do Plan de Reactivación Económica tamén se entenden incluídas:
– A exención do pago da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa. Ordenanza núm. 13 (terrazas), cun importe aproximado de 40.000 euros.
– A exención do pago da Ordenanza núm. 6 de licenzas de apertura ou funcionamento, cun importe aproximado de 10.000 € cada ano.
– A contía destinada a emerxencia social, que ascende a 45.000 €.
– Tamén se están realizando xestións para non cobrar o recibo de auga e lixo para os locais que estiveron pechados forzosamente pola pandemia durante dito periodo.
Para a aprobación dos Orzamentos Municipais 2021 e deste 2º Plan de Reactivación Económica o goberno municipal adoptou un acordo cos concelleiros do Grupo Municipal Por Viveiro, agradecendo a súa comprensión e destacando que, antes de facer calquera proposta, se preocupan por saber como está a situación económico do concello para valorar a súa viabilidade.

























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



