Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2021. O Plan de actividades do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) inclúe para 2021 un total de sete eixos e 60 actuacións. A xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja, detallou hoxe as actividades desta planificación a través da que se dará prioridade á Unidade de referencia covid-19 e ás campañas de prevención de riscos laborais en eidos como a pesca, a agricultura e o sector forestal. O obxectivo principal do Plan do Issga, que depende da Consellería de Emprego e Igualdade, é promover a prevención de riscos laborais nos centros de traballo e seguir loitando contra a sinistralidade laboral, como aconteceu en 2020, que pechou cun 24,45% menos de accidentes no traballo.
Quinzá-Torroja destacou que o Plan de actividades conta co consenso das organizacións sindicais e empresarial e se enmarca na Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo que foi aprobada no seno do Diálogo Social.
Con respecto á unidade de referencia covid-19, a xerente do Instituto explicou que se puxo en marcha para afrontar a emerxencia sanitaria na contorna laboral con dúas finalidades principais: apoiar ao tecido empresarial galego na implantación das medidas necesarias para loitar contra a covid-19 e dar resposta especializada aos diferentes sectores económicos para garantir a saúde laboral nos centros de traballo. En palabras de Quinzá-Torroja, esta unidade será “unha actuación preferente e prioritaria” no traballo do Issga, sobre todo, na disciplina de hixiene industrial e medicina no traballo. Por mor da pandemia, ademais, estanse a levar a cabo este ano campañas para previr os riscos laborais derivados do teletraballo e os riscos psicosociais, que está xerando a pandemia entre os traballadores e traballadoras. Así mesmo, reforzaranse as campañas dirixidas á pesca e aos sectores agrícola e forestal, con actuacións referentes á corta de árbores, e no sector da industria porase o foco na prevención de riscos no uso de amoladoras e de maquinaria en carpinterías. Na construción desenvolveranse actuacións sobre prevención na caídas de altura, e no sector servizos farase fincapé nos riscos que poidan padecer condutores e repartidores.
O Issga, así mesmo, realizará actuacións para a mellora da saúde laboral nos centros de atención a chamadas para dar a coñecer os riscos característicos desta actividade, xunto con propostas preventivas para evitar ou minimizar os danos para a saúde. Tamén levará a cabo unha campaña para a prevención dos riscos químicos nos salóns de peiteado e tratamentos de beleza e, ademais, está prevista unha campaña de seguridade no manexo de drons e a divulgación das posibilidades da súa utlización con fins preventivos. Outra das actuacións prioritarias será a elaboración dun manual para a aplicación da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais.
Estudos e investigación
Emprego e Igualdade tamén desenvolverá estudos de saúde laboral, así como unha guía técnica de boas prácticas en prevención de riscos laborais de danos por exposición ao ruído no traballo e un estudo de danos por exposición a sílice. Sobre o labor de investigación do Issga, Adela Quinzá-Torroja sinalou que en 2020 declaráronse 1.323 enfermidades profesionais, un 20,92% menos que en 2019. Máis do 80% pertenceron ao grupo causadas por axentes físicos como o ruído ou os trastornos musculoesqueléticos.
A xerente do Issga, así mesmo, fixo fincapé no traballo que realiza o Instituto en materia de inspección destacando, ao respecto, que este ano está previsto a realización de 600 actuacións para a comprobación das condicións técnicas e o uso correcto de materiais nos centros de traballo. Referiuse, para rematar, ao Plan de formación do Issga co que se prevé este ano chegar a 2.600 persoas. Ofertaranse 1.100 prazas en cursos de prevención de riscos de nivel básico; realizaranse 40 obradoiros para un traballo seguro con 500 prazas; e desenvolveranse 15 webinar para 1.000 persoas.
Con respecto aos datos de sinistralidade de 2020, Galicia rexistrou un total de 22.302 sinistros en xornada laboral, o que supón unha diminución do 24,45%. Houbo un 24,56% menos de accidentes leves, os graves tamén diminuíron, nun 19,62%, e os mortais descenderon nun 3,70%. Por sectores, os accidentes laborais caeron na pesca (-12,07%), na agricultura (-16,05%), na industria (-23,50%), na construción (-24,22%) e nos servizos (-26,77%). Por provincias, baixaron na Coruña nun -23,13%; en Lugo, nun -24,46%; en Ourense, nun -23,30%; e en Pontevedra, nun -26,67%. Respecto ao índice de incidencia, que pon en relación o número de accidentes coa poboación afiliada por 100.000 traballadores, amósase tamén unha baixada, neste caso do 22,91%.





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



