Lugo, 18 de marzo de 2021. O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este xoves o Pleno do órgano de xestión dos seis parques da provincia, unha sesión celebrada no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos, na que se aprobou a modificación do Orzamento para 2021 por vía de crédito extraordinario para a compra de dous furgóns de salvamento e de dous traxes que aumentarán a protección dos efectivos.
En concreto, aprobouse a adquisición cunha partida de 323.000€ de dous furgóns de salvamento con dimensións máis reducidas e tracción 4×4, que permitirán realizar rescates nun menor tempo e chegar a zonas de difícil acceso. Ambos vehículos, que se sumarán ao parque móbil do Consorcio de Bombeiros, estarán dotados con material que permitirá a atención a persoas con equipos de respiración, ademais de ferramenta de excarceración a batería ou un xerador. Tamén substituirán aos camións de primeira saída cando causen baixa por mantemento ou reparacións.
Os 117 efectivos provinciais sumarán tamén, tras a aprobación no Pleno, dous traxes que permitirán reducir os riscos nas actuacións. Esta indumentaria aporta confortabilidade e facilita o traballo dos bombeiros en actuacións de menos risco e de larga duración, ao tratarse de equipamentos máis liviáns. O custe deste traxe de rescate técnico é de 28.659 euros. Tamén se aprobou a adquisición dun traxe de condicións climatolóxicas adversas composto por unha parka e un cubrepantalón, cun custo de 46.250 euros.
Este novo material de protección súmase aos 122 traxes fabricados con tecido PBI, moito máis lixeiros, ergonómicos e que soportan unha maior temperatura, que xa foron adquiridos recentemente polo Consorcio. A compra, que protexerá aos 117 efectivos da provincia na súa labor de extinción de incendios, tivo un investimento de 156.138 €.
O Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento está formado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia ao 50%, e inclúe os parques de Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Vilalba, Sarria e Viveiro. Actualmente dispón de 117 efectivos.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



