Santiago de Compostela, 20 de marzo 2021. O BNG rexistrou unha batería de iniciativas no Parlamento galego na que propón un paquete de medidas para normalizar a actividade e mellorar a calidade asistencial da Atención Primaria cuxo deterioro, segundo advirte, “pode chegar a un nivel de non retorno se non se actúa de inmediato”.
Así o explica a portavoz nacionalista de Sanidade, Montserrat Prado, quen defenderá na Cámara a posta en marcha dun Plan de Mellora da Atención Primaria e a desescalada do primeiro nivel asistencial do sistema sanitario. “A Xunta está desescalando a actividade económica, lúdica e social, polo que non hai ningunha xustificación para non facer o mesmo coa atención sanitaria e empezar pola Atención Primaria”, incide.
Para isto, Prado considera urxente dotar a sanidade pública dos recursos necesarios e recorda que, un ano despois do inicio da pandemia, calquera patoloxía distinta da COVID19 require semanas de espera, cunha porcentaxe de presencialidade que non chega ao 50% e que está a provocar un malestar social e profesional cada vez máis elevado. “Non é posible atender unha situación excepcional como a actual durante máis dun ano, sen máis recursos e obrigando ás e aos profesionais a traballar con déficits de persoal e cada vez máis esgotados”, alerta.
Ante esta situación, o BNG propón, en primeiro lugar, normalizar a atención presencial, incrementando o número de profesionais e implementando os protocolos preventivos necesarios, para poder así dar resposta ás necesidades sanitarias da cidadanía, tanto no referido ao coronavirus como ao resto de patoloxías, rematando deste xeito coas listas de espera e as colas ás portas dos centros de saúde.
En segundo lugar, defende a necesidade de establecer un protocolo claro e unificado para todos os centros de Atención Primaria que garanta un acceso equitativo para todos e todas as galegas. “Hai que definir claramente que se atende presencialmente e que por teléfono”, recalca Prado, logo de advertir que, segundo a área sanitaria e o centro de saúde que lle corresponde a cada persoa, “estase producindo unha falta de equidade manifesta tanto para acceder aos propios centros, como na presencialidade da atención e no seguimento das e dos doentes”. Así, exemplifica co caso da reclamación neste sentido dun doente que na resposta facilitada pola Área Sanitaria da Coruña e Cee se lle explicita que cada centro ten implantadas unhas medidas organizativas e de protección individual e colectiva.
Neste ámbito de actuación, o Bloque avoga tamén por aumentar e mellorar a rede e dotar dos profesionais necesarios a atención telefónica para que esta se preste sen demoras e coa calidade necesaria. De igual xeito, propón o reforzo dos equipos de limpeza dos centros de saúde e PACs para avanzar con toda a seguridade na desescalada sanitaria.
Así mesmo, propón un Plan de Ordenación de Recursos Humanos, cun sistema de identificación de prazas a partir do cal se realice un axeitado dimensionamento dos cadros de persoal que rematen coa sobrecarga actual e coa precariedade laboral. “As e os profesionais non son de goma, non se poden estirar indefinidamente; se non se aumentan os recursos é imposíbel dar resposta ás necesidades sanitarias das galegas e dos galegos”, subliña, para a continuación afear que “a falta de profesionais e recursos non se solucionan cunha app, que vén de anunciar a Xunta”.
Por último, a portavoz de Sanidade afonda no Plan de Mellora proposto polo Bloque para a Atención Primaria, que inclúe o compromiso dun aumento progresivo orzamentario ata chegar ao 25% e a creación de xerencias propias, con capacidade de decisión orzamentaria e de recursos humanos.
Na proposta nacionalista tamén se recolle o acceso ás probas diagnósticas, o incremento do número de profesionais en todas as categorías, tanto nos centros de saúde como nos PACs, e a incorporación á carteira de servizos da Atención Primaria de categorías imprescindibles (psicoloxía clínica, terapia ocupacional, logopedia, podoloxía ou traballo social, por citar algunhas) que permita a creación de equipos multidisciplinares para prestar unha atención sanitaria integral.
“Só poñendo recursos enriba da mesa e tendo claro que a Atención Primaria é chave na atención sanitaria é posible sacala do pozo no que está metida”, conclúe Prado.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



