Lugo, 23 de marzo de 2021. O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o local cedido pola Xunta ao concello de Ribadeo para acoller de xeito provisional o xulgado de Paz. O Goberno galego investiu 42.000 euros no acondicionamento deste inmoble ao que se trasladarán antes dun mes os funcionarios do xulgado de Paz, mentres que o Concello leva a cabo as obras de acondicionamento da sede principal deste órgano.
A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou o pasado 19 de febreiro que o xulgado de paz de puidese trasladar de forma provisional ás instalacións ofrecidas pola Xunta, que xa traballa no traslado temporal dos funcionarios a este novo local. A resolución recolle que o local proposto polo Goberno galego de forma temporal é axeitado para que os funcionarios desenvolvan o seu traballo, se ben indicaba a necesidade de contar cun local complementario para arquivo, así como que a celebración das vodas do xulgado de Paz se realicen no concello. Por iso, a Xunta solicita a colaboración do concello para procurar un espazo para o arquivo.
A Xunta ten como competencia a dotación do persoal dos xulgados de paz, mentres que ás distintas administracións locais lle corresponden, segundo a Lei de Demarcación e de Planta Xudicial o seu mantemento coa habilitación dos medidos técnicos, instrumentais e das instalacións axeitadas.
Cómpre destacar, por tanto, a colaboración da Xunta para coa cesión dun local provisional e o seu acondicionamento mentres o concello de Ribadeo habilita a sede actual do xulgado de Paz, co obxectivo de contribuír á mellora da xustiza municipal e axudar ao municipio.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



