A Mariña 25 de marzo de 2021. A Comisión de Pesca do BNG, -integrada por representantes do sector pesqueiro e diferentes cargos do Bloque, como a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a deputada Rosana Pérez, o deputado mariñao Daniel Castro e Antonio Veiga, manifesta o seu total respaldo ao paro da frota galega convocada pola Federación Galega de Confrarias para as 12 horas de mañá en protesta pola imposición do regulamento de control da pesca, aprobado recentemente pola Eurocámara. “Apoiamos totalmente as súas protestas e por iso mañá estaremos ao seu carón nas concentracións que farán nos diferentes portos galegos”, avanza Miranda.
A Comisión de Pesca do Bloque considera que a obriga de que todas as embarcacións de máis de catro metros teñan que estar xeolocalizadas, a instalación de cámaras a bordo e a esixencia de manter un diario electrónico supoñen “unha concepción errónea dos traballadores do mar que non ten en conta as súas condicións de traballo”. O BNG crítica que o modelo de pesca que defende a UE está alonxado da realidade do sector da pesca e do marisqueo galego.
“Botamos de menos unha posición contundente do Goberno do PP na defensa da pesca artesanal. Tantas veces que a conselleira do Mar foi a Bruxelas parece que non serviron para nada”, denuncia o BNG, lamentando asemade que o PSOE na Eurocámara tome decisións contrarias aos intereses da frota galega, sen ter en conta as súas consideracións, impulsando un informe que recolle estas esixencias tan lesivas.
Falta de anticipación dos gobernos
Para o BNG, os Gobernos galego e estatal non defenderon ao sector galego en Bruxelas, pois debían terse anticipado a unha regulación que supón na práctica sumar perxuizos aos que xa sofre a frota galega, no reparto de cuotas e TACs. Neste sentido critican as imposicións dende a UE de máis trámites administrativos aos mariñeiros e as medidas que son alleas a realidade do sector pesqueiro galego.
Pola contra, dende que foi presentada a proposta da Comisión Europea o Bloque criticou duramente a proposta do diario electrónico para a pesca artesanal, a xeolocalización e a instalación de cámaras nas embarcacións para controlar a obriga do desembarque das capturas. Para os nacionalistas, “a existencia dunha normativa común a todos os Estados da Unión Europea no control da pesca e que a pesca sexa sustentable non pode supoñer unha carga de traballo desproporcionada e unha constante ameazada para o sector da frota galega”. “Queremos un tratamento respectuoso ao sector e que non sexa constantemente criminalizado porque está normativa é un agravio para a pesca de Galiza”, subliñan desde a Comisión de Pesca do BNG.
Ás concentracións de Burela e Celeiro asistirán a responsable comarcal Ana Ermida, o deputado Daniel Castro e cargos orgánicos e institucionais do BNG na Mariña e representantes nos diferentes concellos costeiros.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



