Lugo, 01 de abril de 2021. A Xunta de Galicia promove a rehabilitación de vivendas a través de sete programas de axudas aos que destina un orzamento global de máis de 13 millóns de euros. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, lembra que a estas convocatorias súmase á que está aberta para adquirir vivendas en centros históricos, que suman outros 600.000 euros. Estas medidas son xestionadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
Así, para impulsar a rehabilitación edificatoria e o mantemento dos inmobles, os particulares poden acceder ás axudas establecidas nos programas de fomento da conservación, da mellora da seguridade e da accesibilidade, no marco do plan estatal de vivenda 2018-2021, e tamén ás da liña para optimizar a eficiencia enerxética de edificios existentes.
Igualmente, os propietarios de vivendas poden optar ás achegas dos programas de rexeneración e renovación urbana e rural no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago e no da ARI da Ribeira Sacra; e tamén, ás axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual.
Por outra banda, establécense dúas iniciativas de apoio aos concellos: as do programa de infravivenda rural, destinadas a rehabilitar inmobles do seu propio patrimonio ou de particulares para mellorar a calidade de vida dos residentes; e as destinadas a acondicionar vivendas de titularidade municipal co fin de destinalas ao alugueiro social.
Paralelamente, continúan en prazo de presentación de solicitudes as medidas de apoio para o acceso á vivenda mediante a compra en cascos históricos, dos que hai 13 declarados na provincia de Lugo.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



