Ribadeo, 8 de abril de 2021. O programa Aquí?… como de 20! tivo que adaptase ás circunstancias actuais. Despois de 8 anos de existencia segue vivo teletraballando e co curso por correo.
Desde a Concellaría de Igualdade subliñan que “o programa Aquí?… como de 20! púxose en marcha no ano 2013 por parte do Concello de Ribadeo co obxecto de dinamizar e dar vida á poboación asentada nas parroquias fortalecendo os nexos de unión e encamiñando o ocio activo a unha democratización do seu tempo de lecer”.
E engaden que “foi aumentando progresivamente o número de persoas participantes e a diversidade de actividades que se desenvolveron ao longo dos anos. Coa pandemia houbo que interromper a actividade presencial, pero o programa permaneceu vivo adaptándose ás novas circunstancias. Por iso, queremos difundir estas palabras que nos chegan das persoas que forman parte deste programa, porque a vida continúa e hai que manter viva a ilusión por seguir sendo persoas activas e que se coidan”.
Os participantes nesta iniciativa reflexionan: “xa pasou máis dun ano dende que as nosas vidas quedaron paralizadas por mor do covid, tivemos que deixar de xuntarnos nas escolas e tele clubs, nas que o temos pasado tan ben, xogando as partidas, facendo as celebracións de aniversarios e festas varias, cantando, bailando, facendo as nosas actividades para ter en forma tanto o corpo coma a mente”.
E seguen a lembrar: “as nosas Tardes e Mañás de Lecer, o Movemento Activo, as excursións culturais, as xuntanzas interparroquiais,… todo quedou adiado sine die, máis nós buscámoslle a volta teletraballando ou, mellor dito, traballando por correo. Temos o noso punto de recollida en Multitenda Teresa dos libretos de actividades que o Concello de Ribadeo nos proporciona de xeito gratuíto e que deixamos no mesmo lugar para que sexan corrixidos, seguimos todos os acontecementos, festividades, aniversarios, recados, … vía whatsapp, chamadas, recados,… inda non sabemos cando nos imos volver a xuntar, mais seguimos unidos/as na distancia”.
E rematan indicando: “coidamos que xa queda pouco para poder volver a xuntarnos e festexar, como se merece e sabemos, todo o que quedou pendente. As vacinas están a ser postas, e seguimos mantendo as medidas de seguridade, somos persoas que vivimos moitas cousas ao longo da nosa vida e que aprendemos a ter paciencia, saber esperar e adaptarnos ao que nos chegaba. Polo tanto seguimos resistindo e mantendo a esperanza”.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



