Ribadeo, 9 de abril, 2021. BeOne, a concesionaria da Piscina Municipal de Ribadeo, está decidida a fomentar o deporte entre as familias do concello e recuperar as súas rutinas deportivas anteriores ao comezo da pandemia para que cheguen en forma a este verán. “Nos últimos meses, notamos que as persoas se volven a animar a facer deporte nos centros deportivos ao consideralos espazos seguros. Gustaríanos que esta tendencia se ampliase a toda a familia e facerlles ver a importancia do deporte na súa saúde”, comenta Javier Canel, director da instalación.
Xa son moitos os estudos científicos que demostran que as persoas que practican actividade física teñen un sistema inmune máis fortalecido que aquelas que non o fan. Ademais, segundo un deses estudos, o realizado recentemente polo Instituto Cardiovascular do Hospital Clínico San Carlos (Madrid), as persoas activas fisicamente teñen moitas máis posibilidades de sobrevivir un ingreso por coronavirus que as persoas sedentarias, ata oito veces máis.
“É moi importante a saúde e o deporte nos adultos, pero non esquezamos co que está a pasar, o problema que supón o sedentarismo infantil que se agravou coa pandemia”, explica Javier. Segundo o último Estudo ALADINO sobre a Alimentación, Actividade Física, Desenvolvemento Infantil e Obesidade en España, o 40,6% dos nenos de 6 a 9 anos sofre sobrepeso. Por todo isto, propuxéronse animar a todas as familias a apuntarse de novo ao centro deportivo e para iso, xunto a súa escola de natación e actividades infantís, e ofrecer matrícula gratuíta en todos os abonos ata o 18 deste mes, se se inscriben no abono familiar, o mes de abril tamén é gratuíto. O obxectivo dos responsables da instalación deportiva é que, aos poucos, os seus usuarios volvan ás rutinas deportivas anteriores ao comezo da pandemia, pero nun espazo seguro que conta con todas as medidas de seguridade que marcan as autoridades sanitarias.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



