Ribadeo, 12 de abril de 2021. Durante a mañá de hoxe estívose a realizar un cribado xeral para os veciños e veciñas da parroquia de Arante, logo dun gromo detectado en Remourelle. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que se trata dunha actuación coordinada do Sergas e do Concello xunto co excelente traballo das tres asociacións veciñais desa parroquia.
O rexedor explicou que “se está levando a cabo o cribado xeral para todos os veciños da parroquia de Arante, logo de ter detectado un gromo no núcleo de Remourelle hai poucos días. Coa actuación coordinada do Sergas e do Concello, xunto co traballo excelente das tres asociacións de veciños que hai na parroquia, logramos en tempo récord, en horas, localizar os datos necesarios dos veciños, das unidades familiares e dos teléfonos de cada casa, para que o Sergas puidese organizar as fichas médicas, dar as distintas citas para hoxe, etc…”.
Suárez Barcia contou que “así dispuxemos que as 150 persoas avisadas poidan vir con comodidade, con seguridade e con axilidade ao novo pavillón polideportivo de Ribadeo, como están vindo nestes momentos. Non escollemos outros locais na parroquia por non teren as dimensións nin os accesos preparados para estas accións. Aquí está a Policía Local facilitando os aparcamentos, temos circuítos de entrada e saída no pavillón e todo está indo moi ben. Agardemos que, aínda sendo voluntaria esta proba, veña a máxima xente posible e a ver se dentro de poucas horas podemos ter os resultados para comprobar se este gromo que afecta a este núcleo, e tamén está relacionado con concellos veciños, está controlado ou non”.
O alcalde ribadense engadiu que “entrementres, antes e despois de todo isto que estamos facendo, pido humildemente a toda a poboación que teña coidado e actitudes responsables co uso da máscara. É certo que levamos semanas con baixísima ou nula incidencia do Covid en Ribadeo, pero todo o mundo ve que isto cambia dun día para outro e se nos cambia para mal o sector servizos verase afectado, endureceranse as normas, os aforos e volveremos outra vez cara atrás. Actuemos todos ben, por favor”.





















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



