Lugo, a 17 de abril de 2021. O Partido Popular de Lugo celebrou esta mañá unha reunión interparlamentaria, na que fixo balance do traballo nos distintos ámbitos institucionais e se abordaron algunhas das grandes liñas a seguir nos próximos meses. A presidenta provincial do PP de Lugo e deputada autonómica, Elena Candia, destacou a unidade demostrada polo partido e tamén a súa unidade de acción institucional, de maneira que se levaron aos distintos niveis institucionais a maioría dos grandes asuntos de interese provincial, autonómico e nacional, “defendidos coa coherencia propia dun partido solvente e fiable como é o Partido Popular”. “O do PP é o proxecto máis leal e cumpridor coa provincia”, afirmou.
“Matrimonios malavenidos”
Tal é así que, remarcou, “somos a forza que dá máis estabilidade e máis prestixio político e institucional ás institucións”. Por este motivo, trasladou a importancia de “seguir traballando” porque “Lugo está a ser fortemente castigada polos matrimonios malavenidos que forman socialistas e nacionalistas”.
“Cando non están no goberno, o que fai o PP sempre é denunciable -enseguida piden dimisións e sacan as pancartas-; cando apoian ao PSOE din que van ser esixentes; e cando cogobernan calan cando lles interesa. É o caso da Deputación, onde ninguén pide explicacións”, expuxo con firmeza.
“O PP só se debe aos lucenses”
Fronte ao PP que “só se debe aos lucenses e lle interesa Lugo, temos un Concello que é máis noticia polo cambio de cromos do seu goberno, que pola súa xestión: xefes de servizo que dimiten, concelleiros que se van… Son dous gobernos nun. Cada un vai ao seu; en segundo plano quedan os lucenses. Lémbranme a época na que tamén estaban na Xunta. Touriño por un lado e Quintana polo outro”. No que se refire á Deputación, “a xestión é ausente” e, no Goberno central, “o vemos son uns deputados moi disciplinados e coa lección ben aprendida: entre elixir defender a Sánchez ou a Lugo, sempre elixen ao seu presidente”.
Así, sinalou, “de non ser pola Xunta de Galicia, a provincia de Lugo sería unha illa dentro do mapa do España” e puxo como exemplo as obras do corredor de Nadela-Sarria, a ampliación do hospital da Mariña e a mellora do de Monforte, a reconversión do barrio da Residencia ou o polo de Rozas.
Retos
Candia tamén destacou a importancia de que os representantes institucionais dos cidadáns rendan contas do seu traballo e puxo en valor o traballo desenvolvido polos compañeiros nas distintas administracións provincial, autonómica e nacional, fixándose como retos seguir aumentando as afiliacións, que xa rondan as 11.000, e cambiar os gobernos no Concello de Lugo e na Deputación. Concretamente, no último ano o PP na provincia incorporou un cento de altas novas. Nesta cuestión tamén incidiu o voceiro do grupo municipal lucense e tamén deputado no Parlamento, Ramón Carballo.
Intenso traballo nas Cámaras
O senador José Manuel Barreiro, puxo o acento nos múltiples incumprimentos do Goberno, presidido polo socialista Pedro Sánchez, e fixo reconto das iniciativas presentas polo seu grupo. “Ante o abandono por parte do Goberno de Sánchez, dende o Senado traballamos para reclamar que se cumpran os compromisos con Lugo, presentando cerca de 300 iniciativas”, resumiu,
O portavoz na Deputación, Javier Castiñeira, destacou que, no que vai de mandato, o PP presentou cerca de 40 mocións, decenas de rogos e preguntas, promoveu tres sesións plenarias extraordinarias e recorréronse centos de quilómetros pola provincia. Sinalou que nos últimos días quedou patente “o nerviosismo do presidente da Deputación como resultado do traballo de oposición do PP”; un nerviosismo, dixo, que “o levou a exteriorizar, en relación con Elena Candia, a súa vea machista, pola que está sendo reprobado pola sociedade española”. Castiñeira indicou que o grupo provincial está a dar continuidade á liña marcada por Candia, anterior voceira popular.
Jaime De Olano
O deputado Jaime de Olano, vicesecretario de Participación do PP, sinalou: “A pesar de las limitaciones impuestas por la covid, a pesar de que Sánchez ha intentado silenciar al máximo las Cámaras legislativas, la agenda lucense y gallega ha estado muy presente en la actividad del Grupo Parlamentario Popular en el Congreso”. Nesta liña, manifestou: “Hemos hecho de la situación de Alcoa un problema nacional gracias a la implicación del presidente del PP, Casado que se ha desplazado en dos ocasiones a A Mariña”. Destaca igualmente: “Denunciamos con insistencia los incumplimientos de Sánchez con el tren a Ourense que puede dejar a Lugo desconectada de la Alta Velocidad”.
A deputada no Parlamento, Encarna Amigo, puxo en valor a xestión do Goberno galego para reducir os efectos da pandemia, articulando medidas tan importantes como a Lei de Saúde Pública ou os dous plans de rescate, ao tempo que detallou o investimento que se está a facer nos hospitais da provincia coa ampliación do da Mariña e a mellora do de Monforte ou as construcións do Centro Integral de Saúde no barrio da Residencia e os centros do Saviñao e de Antas de Ulla.
Na mesma liña, o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou o esforzo que está a facer a Xunta de Galicia para acompañar aos sectores máis afectados pola pandemia a través de liñas de apoio como, por exemplo, o novo programa de financiamento dotado con 30M€ para axudar ao tecido empresarial galego tanto no seu proceso de transformación dixital como de internacionalización. Tamén mencionou o Bono Activa Comercio, o Plan Renove Electrodomésticos ou o Bono Enerxía Peme e Comercio. E citou o Plan de Rescate para pemes e autónomos, do que a Xunta xa está perfilando unha terceira edición despois de chegar a mobilizar 160 millóns de euros coas dúas primeiras convocatorias.
Na mesma liña, Conde indicou a excepcional oportunidade para Galicia que van supoñer os fondos europeos Next Generation para impulsar a transformación de sectores estratéxicos na provincia de Lugo. Por outra banda, tamén lembrou que este mesmo ano se aprobou a Lei de Reactivación Económica, que ten como obxectivo que Galicia simplifique a tramitación administrativa de proxectos, e así captar novos investimentos empresariais, mantendo as mesmas garantías técnicas, administrativas e medioambientais.
Mención especial a Alcoa
Con respecto a Alcoa, Conde demandou novamente ao Goberno central que se axilice o proceso de negociación da venda o máximo posible porque faltan poucos días para que remate o prazo (30 de abril) e aínda non se rexistraron os avances necesarios que fagan pensar nunha solución favorable.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



