Ribadeo, 20 de abril de 2021. A organización do I Half Triatlón Ribadeo precisa da colaboración de 150 voluntarios para o desenvolvemento da proba o vindeiro 15 de maio.
Desde a Área de Deportes do Concello solicitan “a colaboración de todas as entidades deportivas, clubs e asociacións ou voluntariado en xeral…posto que serán necesarios 150 voluntarios para os diversos cruces de carreira, e ao ser tan longa tentaremos incluso facer varias quendas para que non teñan que estar os voluntarios tanto tempo”.
E engaden que “precisamos que os voluntarios estean ás nove da mañá no punto do percorrido que se lles indicará previamente. Algúns poderán estar un pouco máis tarde. E rematarían entre as dúas do mediodía e as cinco da tarde”.
As persoas que estean dispostas a colaborar como voluntarios poden anotarse na Área de Deportes do Concello indicando nome e apelidos, DNI, data de nacemento, dirección de correo electrónico, dirección, número de teléfono móbil, talla de camiseta, club ou asociación á que pertencen, carné de conducir (os que o teñan) e dispoñibilidade de conducir. Desde a Concellaría de Deportes explican que “todos eses datos poden remitilos por correo electrónico a deportes@ribadeo.org, a inscrición tamén se pode facer chamando por teléfono á Casa da Xuventude ao 982 129 889 ou poden, si lles é máis sinxelo, anotarse directamente na páxina de voluntariado da carreira, no seguinte enlace:
https://www.rockthesport.com/es/evento/half-triatlon-ribadeo/inscripcion/formulario
A Área de Deportes mantivo un encontro cos presidentes das asociacións de veciños das parroquias polas que discorrerá esta proba. Con eles estiveron o concelleiro e o técnico de Deportes, Jorge Díaz e Iván López.
O Concello ribadense colabora na organización do I Half Triatlón Ribadeo que se vai celebrar o 15 de maio. A proba é puntuable para o Ranking Nacional de Triatlón de Media e Larga Distancia e contará coa participación de máis de 500 atletas. A inscrición segue aberta en www.halftriatlonribadeo.com.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


