Lugo, 20 de abril de 2021. Erradicar da sociedade o machismo e promover a igualdade entre homes e mulleres é unha tarefa á que en España se levan dedicados e dedican amplos esforzos, como parte fundamental para alcanzar un mundo mellor. Por iso, fronte ás recentes manifestacións do presidente da Deputación, o socialista José Tomé, nas que usou como argumento de crítica a un acto de protesta de alcaldes do PP, diante do pazo de San Marcos, a vestimenta da deputada autonómica, Elena Candia, ex presidenta da Deputación, o grupo popular defenderá na próxima sesión plenaria da corporación unha moción para reprobar as aludidas manifestacións. Tomé chegou a dicir: “(…) A señora Candia, coa súa vestimenta, co seu aspecto de leopardo que tiña onte, sinceramente, daba a imaxe do vaqueiro americano que entrou no Capitolio de EE.UU”.
A deputada provincial popular Lola Castro explica: “O grupo provincial do PP defenderá no próximo pleno da Deputación Provincial unha moción para reprobar as declaracións do presidente desta institución, o socialista José Tomé, nas que, nun exercicio de machismo trasnoitado e intolerable, intentou ridiculizar a maneira de vestir da deputada autonómica polo PP, Elena Candia, ex presidenta da Deputación”. Castro engade: “As manifestacións cuxa reprobación pediremos ao pleno foron efectuadas polo presidente, José Tomé, o pasado día 9 ao fío da protesta levada a cabo o día anterior por 32 alcaldes do Partido Popular, diante da sede da Deputación, para reclamar un plan de mellora de estradas provinciais, así como xustiza na asignación de maquinaria do parque provincial aos concellos”.
A mesma deputada popular espera “que o BNG aprobe esta moción, porque coincide co posicionamento exposto neste caso por algunhas das súas máximas representantes; non sería entendible que, diante desta moción, adoptasen unha postura distinta á xa manifestada e amplamente recollida polos medios de comunicación”.
Castro di que “debe ser o pleno, como cámara de representación de toda a provincia na Deputación, o que debe, mediante este acordo, limpar e depurar a mala imaxe que dela deu o seu presidente a toda a sociedade española”. Manifesta: “As inaceptables declaracións do presidente Tomé foron obxecto de crítica de norte a sur e de leste a oeste de España, e mereceron, como non podía ser doutra maneira, reprobación nos terreos político (incluído o propio partido do presidente, o PSOE), institucional e mediático, así como noutros moitos ámbitos sociais”.
Como resumo, Lola Castro sinala que, por todo iso, o grupo popular propón “ ao pleno reprobar as declaracións do presidente da Deputación Provincial de Lugo, vertidas o pasado día 9 de abril, por ter dado mostras dun machismo intolerable, denigrando ás mulleres pola súa forma de vestir; unhas manifestacións que vulneran o principio de igualdade de trato e dignidade da muller”. Engade: “Queremos tamén reprobar calquera manifestación realizada por cargos públicos coas que se vulnere o principio de igualdade de trato entre homes e mulleres ou se denigre a dignidade da muller”.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



