Fai oito meses que o BNG de viveiro levou a pleno unha moción para facer de Viveiro un Concello Ciclable e amigo das bicis. A idea era crear ciclorrúas e vías ciclables compartidas con vehículos a motor naquelas zonas donde non é posible crear un carril bici, en definitiva seguir unha tendencia que xa a maioria dos Concellos veu, que é dar espazo ás bicis tentando que as nosas vilas sexan un pouco máis ecolóxicas, máis saudables e con menos colas, sexa nas horas punta dos colexios, ou á hora do xantar que mesmo chega a cola a Celeiro.
Cando se levou a pleno, o partido que goberna do PSOE, en concreto o seu concelleiro de deportes Cesar Iglesias Docal, explicaba que en Viveiro non era posible rebaixar a velocidade no casco urbano de 50 kms/h a 30 kms/h para permitir circular conxuntamente bicicletas e vehículos a motor con argumentos tan vagos como que “o que se plantexa requeriría dun estudo técnico, que moitas destas cousas non son competencia do Concello, que a circulación conxunta coa creación de cicloruas xeraría mais prexuizos que beneficios…”, primando o argumento de que rebaixar a 30km/h se traduciría en colas.
Todo encamiñado a tumbar esta proposta do BNG, pero sen aportar nin unha soa alternativa ao gran problema que ten Viveiro coa circulación das bicicletas que neste último ano doblou o seu número, seguimos na cola da creación de carrís bici dos concellos da Mariña sin ter un só metro.
Dende o BNG neste caso non estabamos propoñendo nada innovador, simplemente nos adiantábamos ao que se vía vir por parte de DXT que non era outra cousa que facer esa reducción de velocidade exista ou non carril ciclable compartido. Esta semana os xornais espertaban coa nova de que a Dirección Xeral de Tráfico obligará aos concellos a partires do 11 de Maio, a reducir de 50 a 30 e mesmo a 20 quilómetros por hora na maioría das vías por unha cousa ben fácil de entender, as mortes redúcense a un 10%.
Supoño que o Concello como ten por norma, seguirá facendo ouvidos xordos a todxs xs veciñxs que usan a diario a súa bicicleta, pero polo menos terá que adaptarse á nova normativa da DXT e que sin querelo, estaremos un pouco máis seguros neste Concello no que medra cada vez máis o sentimento de quedarnos á cola.





















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



