Lugo, 22 de abril de 2021. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, asinaron este xoves no Pazo de San Marcos o convenio de colaboración entre a institución provincial e o Concello, que suporá un investimento de 850.000 euros en tres anualidades, para a posta en marcha do Centro de Atención a Maiores (CAM) neste municipio. Deste xeito, rematan os trámites entre ambas administracións para a posta en marcha do funcionamento desta residencia e poder abrila de cara ao verán.
O CAM de Meira contará con 30 prazas de residencia, ampliables a 38 se fose preciso, e 20 de centro de día. Os vindeiros días abrirase un calendario administrativo para a solicitude de praza e que as persoas interesadas poidan presentar as súas instancias de solicitude.
Tomé Roca recordou que “ao igual que nos restantes centros de xestión provincial, no acceso ás prazas terán preferencia os veciños e veciñas deste municipio; en segundo termo, persoas dos concellos limítrofes ou da comarca; e logo os veciños do resto da provincia, o que permite que as persoas maiores manteñan o arraigo, permanecendo no lugar ou na comarca na que viviron toda a vida”.
Así mesmo, a institución provincial ten licitado o equipamento deste centro por preto de 300.000€. Entre as melloras, os residentes contarán con camas de 105cm, fronte aos 90cm habituais noutros centros, e a incorporación de mobiliario exterior. O mandatario provincial destacou que “seguimos dando pasos importantes para cumprir cos compromisos desta Deputación cos concellos e coa veciñanza da provincia en materia de residencias e demostramos, con feitos, que o modelo de xestión pública, de proximidade e de calidade asistencial é o sistema que funciona”.
O Presidente tamén lembrou que “no que levamos de mandato, abrimos as residencias da Fonsagrada e Castroverde, rematamos a instalación do equipamento da de Pedrafita do Cebreiro, que agardamos abrir nos vindeiros meses; e aprobouse tamén o convenio marco da de Navia de Suarna”.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



