Viveiro, 3 de maio de 2021. O saneamento é unha das infraestruturas básicas para que os cidadáns poidan desenvolver a súa vida en condicións propias do tempo no que vivimos. En Covas, na Carreira do Camiño Novo non hai saneamento e as casas teñen que usar fosas sépticas, a pesar de que a poucos metros hai un coñecido hotel de catro estrelas. O grupo municipal do PP de Viveiro presenta unha iniciativa no Concello para solicitar un estudio técnico e económico para dotar a dita zona de saneamento público.
O portavoz popular, Óscar Rodríguez, visitou a Carreira do Camiño Novo e comprobou o malestar dos veciños, que están fartos de ver como fracasaron todos os seus intentos de conseguir o saneamento que demandan. Sinalou: “Trasladamos ao equipo de goberno de Viveiro as demandas dos veciños, a primeira delas o saneamento, é dicir, o entronque coa rede de saneamento para poder prescindir das fosas sépticas e de todas as incomodidades que supón o seu baleirado, limpeza e demais mantemento”.
Rodríguez sinala que tamén levarán ao Concello outra demanda dos veciños: o cambio de ubicación do sinal que avisa de que é unha vía cortada. A este respecto, Rodríguez indica: “Trátase dun camiño sen saída. O sinal está situado en plena curva, polo que son moitos os condutores que non o ven. Como consecuencia hai vehículos que acceden e chegan ata a parte estreita desta vía, onde para poder dar a volta teñen que invadir propiedades privadas”.

















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



