Santiago de Compostela, 06 de maio de 2021. A Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que remate coa obra das beirarrúas do tramo urbano da LU-162, na travesía de Vilamor, en Cangas de Foz. A portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, presentou esta iniciativa na que acusou ao goberno galego que remate con esta obra iniciada en 2013.
Otero urxiu ao goberno galego a rematar coa obra das beirarrúas, fundamental para garantir a seguridade dos veciños nunha travesía que soporta unha elevada circulación e que pon en perigo aos veciños e veciñas. Apuntou ademais que “a conservación non é axeitada”, con lousas levantadas que provocan tropezóns e caídas e mesmo ten pozos de pluviais abertos sen protección axeitada.
Sinalou que “basta xa de promesas, basta xa de incumprimentos reiterados por parte da Xunta de Galicia”, que en 2015 se tiña comprometido a iniciar a última fase das beirarrúas, e que “dende entón nada se fixo”. Criticou a “teima co Concello”, que “realiza melloras nas infraestruturas dentro das súas capacidades orzamentarias”, mentres o goberno galego “é incapaz de rematar unha obra iniciada en 2013 e que non ten un importe económico tan elevado”.
Mirar para outro lado
Criticou que “dende o ano 2019 –cando comezou a gobernar o PSdeG-, a Xunta “mira para outro lado” cada vez que ten que executar unha obra da súa competencia en Foz. Otero presentou a lista de agravios do goberno galego coa localidade, que pasan por rexeitar agora a dragaxe do Porto Chico de Foz, os retrasos da Depuradora ou a supresión do técnico de emerxencias sanitarias da ambulancia medicalizada, que “redunda en prexuízo de toda A Mariña”.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
– “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dar continuidade ás obras de mellora da seguridade viaria e peonil na estrada LU – 162 que conecta Ferreira de Valadouro con Cangas de Foz –Lugo-, en particular, impulsando na maior brevidade o proxecto dirixido á execución de novas beirarrúas no tramo urbano da travesía de Vilamor e a axeitada conservación e mantemento de todos os elementos da vía”.




















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



