O xornal El Progreso, do 4 de xaneiro de 1935, daba noticia de que o industrial focego Jesús Cageao, “Papaíto”, “acaba de inaugurar el primer cine sonoro; las primeras sesiones – decía – resultaron un éxito de taquilla” En 1895 os irmáns Lumier presentaran en París o sorprendente descubremento do cine, mudo por suposto, que chegaba a Galicia en 1910 (hai cen anos) e o primeiro aparato, que espertou a lóxica expectación, puido contemplarse en Vigo, no estudo do fotógrafo José Gil, a onde acudiron personalidades da época, entre elas don Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro e don Eugenio Carré Aldao, á sazón Presidente e Secretario da Real Academia Galega, respectivamente. Pasados poucos anos, Cageao proxectaba películas mudas nun salón (La Sociedad) que a un tempo servía para as sesións de baile: rematadas aquélas retirábanse as sillas e un organillo lanzaba ó aire os sons de pasodobles, valses, mazurcas e rigodóns que eran os ritmos que entón facían furor entre a xuventude dos “felices anos vinte”. As películas mudas eran, moitas veces, ilustradas musicalmente por un pianista ou outro instrumentista, presente na sala, ata a chegada do sonoro, co que a música pasou a formar parte importante na montaxe do cinema, e grandes compositores dedicaron, e dedican, os seus afáns a crear moi fermosas melodías que perduran ó longo dos tempos. Sería en 1935 (hai xustamente 75 anos) cando o dinámico comerciante focense instala o cine sonoro. É nesa época cando “Papaíto” construe un singular edificio na Avda. da Mariña (que hoxe, parcialmente, ocupa o Banco de Santander), sede do histórico Cine Cageao, e en 1962 inaugúrase, pretiño deste, o magnífico sucesor daquél, que anos mais tarde pasaría a propiedade dos irmáns Pequenete. Pero a historia da proxección cinematográfica en Foz víuse interrumpida. A irreverente voracidade inmobiliaria engulíu a que era magnífica sala de cine, sen visos de relevo, e os focegos non podemos conmemorar as vodas de pratino do cine sonoro na nosa vila: non temos con qué. Unha mágoa.
Suso Fernández





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



