Hoxe estamos de celebración. Celebramos o 15M, ese de hai dez anos, esa data que quedou marcada como a eclosión dun cambio de mentalidade sociopolítica na xuventude española. Entendiches? Ou sexa, o ‘noso’ 68, que tamén, dende Francia, tivo diversas antecedentes, réplicas e variacións (seguro que nas antigas checoslovaquias lembran máis ben a versión da primavera de Praga que a versión parisina do maio francés, e en California poñen máis énfase no seu propio movemento, máis extenso no tempo e non menos intenso en moitos aspectos).
Que tempos, eh? Coido que as lembranzas son boas porque axudan a debuxar a nosa necesidade de ter historia para facernos a nós mesmos e ó noso futuro. Mais, coñecedores disto, estamos a facer das lembranzas celebracións, o que significa en certo xeito, deixalas no pasado cando son as actividades que nos trouxeron a onde estamos agora, e polo tanto, son constitutivas de nós mesmos. E puxen ‘actividades’ porque chamémoslles actividades, feitos ou como queiramos, implican movemento, o noso propio aporte de actividade, e sen ese movemento (noso) non teñen sentido. E as celebracións tenden a iso: a lembrar unha foto, estática, que nos sube as endorfinas máis que a adrenalina, que nos leva á satisfacción e pracer adormecedor como se de misión cumprida se tratase, máis que á acción do ‘faise camiño ó andar’ que tan ben soubo interpretar Antonio Machado.
Por iso, para non deixar as lembranzas durmir como lembranzas, senón sentilas como parte do que hoxe somos, sentir a necesidade de actuación acorde cos sentimentos por esas lembranzas, non está de máis integrar na memoria aquelo de que os dereitos recoñecidos nas leis aplícanse, defenden e amplían na medida na que se exercen, como lin nun artigo e me fixo lembrar onte mesmo Rosa María Artal.
Hai multitude de formulacións, de moita xente que escribe sobre o 15M, lembrando historia. E non está mal facelo, necesitámolo, é un coñecemento que non se debe perder, que debemos aumentar, algo a estudar. Pero pararnos aí significa perdernos o noso 15M, a nosa revolución continuada, sexa como individuo, sexa como sociedade. Decaer a un estado de inconsciencia. Participáramos a favor da corrente ou estivéramos horrorizados polo que sucedía, que iso tamén, nalgunha xente, foi un froito do 15M.
Unha última apreciación: darlle ó pedal nunha bicicleta estática mantén os músculos en forma, e chámaselle deporte. Pero, aínda que o movemento muscular sexa comparable, pouco ten que ver co facer deporte nunha bicicleta de estrada ou de montaña, graduar o esforzo ó que ven, e non ó que queremos que veña, ver pasar a paisaxe e sentir o aire no rostro en troques de escoitar o mp3 ou ver un vídeo. A experiencia, e o resultado para todo aquelo que non sexa músculo, é diferente. Leva esa idea á túa vida e á da sociedade: é equivalente á bicicleta estática ou a unha ou outra versión da bici de toda a vida? A paisaxe cambia, a vida tamén. E nós temos que adaptarnos, ser conscientes e sobrevivir ó tempo que podemos tentar adaptar a vida.





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



