Viveiro, 19 de maio de 2021. A xestión económica é un dos mellores espellos nos que mirar a calidade do traballo dun goberno. Sendo así, o goberno de Viveiro, presidido pola socialista María Loureiro, queda nitidamente retratado no seguinte dato: a intervención municipal puxo reparos de legalidade á facturas que totalizan 3.393.467,95 euros, unha cantidade moi relevante para un concello como o de Viveiro que ten un orzamento anual de 12 millóns de euros. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, di que é inexplicable que se dea esta situación, só atribuíble á falta de xestión do goberno local, que leva a que haxa servizos sen contratos ou pagos sen a debida previsión. Os populares piden explicacións para coñecer o porque desta situación e reclaman de Loureiro e do seu equipo a adopción de medidas para que non se dea de novo este problema.
O portavoz popular, Óscar Rodríguez, avisa á alcaldesa da responsabilidade legal que asume ao levantar os reparos de legalidade que pon a intervención municipal para facer fronte ao pago destas facturas, que se contan por centos, ata totalizar máis de 800, de moi distinto importe.
Os populares lembran que tiveron que solicitar a relación de facturas, porque non lles foi facilitada inicialmente. Consideran que é preciso analizar cada un dos motivos dos reparos postos pola intervención, para corrixilos e evitar que se dea de novo esta situación. Óscar Rodríguez di que os provedores ou subministradores de servizos ao Concello teñen que cobrar o máis puntualmente posible, máis aínda nunha situación económica tan complicada como a producida a causa da pandemia por covid 19.
En resumo os reparos poden obedecer, entre outros motivos, a que o gasto se propoña a un órgano que careza de competencia para a súa aprobación, se aprecien graves irregularidades na documentación xustificativa do recoñecemento da obrigación ou non se acredite suficientemente o dereito do seu perceptor; tamén á omisión de requisitos ou trámites que puidesen dar lugar á nulidade do acto, ou cando a continuación da xestión administrativa puidese causar quebrantos económicos á Tesourería da Entidade Local ou a un terceiro.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



